Comentario de Rubén Lanzó Estévez
Todos somos
Marcos Calveiro
Xerais
O libro está moi ben escrito, aínda que non me gustasen os cambios
repentinos de tema nos cambios de capítulos e incluso ás veces de parágrafo,
polo resto está ben.
O libro suponse que trata da desaparición de Natalia, mais eu creo que
o que realmente intenta transmitir ao lector é como funciona a vida hoxe en día:
tanto os problemas que pode haber nunha familia calquera, ata o crueis
que poden ser os periodistas simplemente para conseguir o que eles
queren, audiencia, pero o máis importante é que moitas persoas fan o que sexa
por conseguir diñeiro.
Á parte tamén conta como a xustiza neste país non é demasiado boa
xa que non foron quen de atopar ningunha pista sobre a desaparición de Natalia.
Sobre o que lle pasou a Lina non teño nada que opinar xa que é unha
situación que xa pasou hai tempo e que se ten que superar, como moitas
outras cousas malas que pasan na vida.
Polo demais é un bo libro moi ben escrito e sobre todo, que para min é
o máis importante, engancha ao lector e fai que un queira continuar coa lectura,
polo menos para a miña humilde opinión.
Sen comentarios
Publicar un comentario