Comentario de Adrián Cabaleiro Penido
Todos somos
Marcos Calveiro
Xerais
Este libro gustoume moito, aínda que non é dos meus xéneros preferidos (misterio, intriga, terror). Nun principio pensas que vai ser o típico libro que trata dun crime, pero despois ves como tres puntos de vista diferentes se mesturan na historia e se axudan entre si para confluíren no desenvolvemento do libro.
Recoméndolle o libro a outras persoas, sobre todo quen guste de dar voltas ao que propón a lectura, porque creo que está escrito para iso, para pensar nas cousas que vemos nas noticias e pensemos que a nós tamén nos podería pasar, e que a xente para facerse famosa fai calquera cousa, e que non hai que pensar nas cousas malas do pasado senón tamén no presente e no futuro.
Sen comentarios
Publicar un comentario