Comentario de Noelia Sampayo Iglesias
Eu, pel
Teresa González Costa
Xerais
Abordaremos en primeiro lugar o inmellorable léxico que este libro propón,
dende logo que poucos libros a día de hoxe teñen un léxico tan literal e tan
culto. Poucas liñas bastaron para darme de conta que a autora quere reflectir á
vida dun rapaz que polo vist, tiña un nome un tanto peculiar, e decidiu
chamarse a el mesmo Innominable.
O libro está dividido en dúas partes, nunha
dela conta a historia del e noutra conta a historia de Niki, unha rapaza á que
lle gusta moito pintar, gústalle a arte en xeral.
Se nos preguntasen sobre o
Innominable, poderíase dicir que é un rapaz cunha lesión que el mesmo quere
arranxar poñéndose a facer experimentos. Ao longo da historia os dous
protagonistas vanse encontrando e van xurdindo novos feitos.
Quen escribiu este
texto creo que non se puxo moito no lugar do lector, dende o meu punto de
vista. Pese ás dificultades do orden léxico, o libro é recomendable, aínda que
hai que ter bastante paciencia con el, porque sinceramente é bastante complexo
de ler.
Sen comentarios
Publicar un comentario