Comentario de Martina Domínguez
Eu, pel
Teresa González Costa
Xerais
Na miña opinión o libro Eu, pel é un libro moi realista.
Digo isto baseándome en varios exemplos, que son representacións do día a día, do noso comportamento. Estas son as metáforas:
En primeiro lugar está a relación entre Víctor, o innominable, e os pais, que representan ás familias desestruturadas nas que viven moitos rapaces, que sofren carencias importantes na infancia, como que se preocupen os pais deles, lles den mostras de afecto... E cales son as consecuencias despois? Pois trastornos que conlevan a facer loucuras como a que fixo o Benefeitor. En realidade el só buscaba encher ocos do que lle faltara na infancia, sentir amor, dor, a aprobación da nai... Pero tomou medidas demasiado drásticas e erróneas. O segundo exemplo é o manipulados que estaban os cidadáns da illa. Adaptábanse a todo, incluso o surrealista reino que fixo o Innominable, eé certo que estaban "drogados" mediante eses baños e os tratamentos que lles facían, pero, aínda así, a xente que non lle afectaba e en certa medida era consciente do que estaba pasando resignábase e non intentaba loitar, eran poucos os que facían cousas como Tomás, Daniel, Niki, Vera...

É na vida real é igual, estan controlándonos a todos nós e en vez de
rebelarnos, aceptamos os feitos e non intentamos cambialos.
A terceira metáfora é como xulgaban a Víctor por ter en vez de pel un
material estraño e ser feo, que é o mesmo que pasa a día de hoxe. Todos nos
cremos mellores ou peores pola nosa aparencia sen darnos conta de que iso
cambia e non é nada eterno, ademais de que para valorar ás persoas o primeiro
que se debe ter en conta é a personalidade.
O libro gustoume bastante. Cando o empecei a ler non me encantaba
pero dábame curiosidade para seguir léndoo e é moi fácil de comprender.
Paréceme un libro ameno, de feito non me levou demasiado finalizar a súa
lectura xa que me acabou enganchando.
O que máis me gustou do libro foi a personaxe de Niki, era unha rapaza valente, loitadora e firme ás súas ideas. Ademais tiña unha relación moi bonita con Galean e Saviana, que para ela foron como uns pais. Tamén a que tiña con Tomás, que era moi chamativa, porque o seu principal motivo de unión era a pintura.
O que menos me gustou foi as cousas da historia que eran moi irreais, como os baños ecosensitivos, toda unha illa pintada dun só color con un líquido estraño, as casa unidas...
En resumo, "Eu, pel" gustoume e recoméndoo porque é un libro bonito e moi entretido.

Sen comentarios
Publicar un comentario