Comentario de Helena Pereiras Villamayor
As Crónicas de Landereina
Sabela González
Galaxia
En xeral, o argumento do libro pareceume interesante, pois cóntanos un pouco
a vida das amazonas, unha vida ben distinta á nosa.
Ao principio resultoume un pouco difícil debido á cantidade de nomes raros
que hai, e aos saltos no tempo e cambios de historias.
Para o meu gusto, é un libro con moita intriga, pero tamén demasiado
fantástico, xa que nos atopamos con sereas, elfos, centauros, meigos, magos,
feitizos...
Ao ter un final libre podes imaxinar ti o que vai pasar, cousa que non me
acaba de convencer; ou esperar a que saia o segundo libro da triloxía.
Recoméndollo ás persoas que lles gusten os libros de fantasía e de
aventuras.
Sen comentarios
Publicar un comentario