ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

11/11/13

Bágoa de Lúa

Comentario de Mª Teresa Rodríguez Iglesias



Bágoa de Lúa
As Crónicas de Landereina
Sabela González
Galaxia  
 
 
 
Pesoalmente o libro Bágoa de Lúa gustoume bastante. Xa que se mesturan nunha mesma historia sentimentos de tristura e de ledicia.
       O que máis me gustou do libro foi a viaxe de Berenguela con Güenaela en busca do meigo. Nesa viaxe fixeron moitos amigos, que lle axudaron a chegar ao seu destino, e tamén descubriron que o colar que levaba Berenguela era un trozo da Pedra de Lúa. O cristal co que o feiticeiro Wiasmau, gobernara Landereina durante corenta anos.
       O que menos me gustou foi o final do libro, cando lle queiman a casa a Cátaba e a Bunm. É a incertidume do que acontecera con Berenguela e Güenaela.

Sen comentarios