ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

12/11/13

Ámote Leo A.

Comentario de Diego Iglesias Montouto

 
 
Ámote Leo A.
Rosa Aneiros
Xerais
 
 
 
A min o libro de Ámote Leo, gustoume, pero non acabou de conseguir engancharme de todo, porque non son o meu tipo de historias, pero, para non ser un deses libros que non adoito ler, estivo bastante ben xa que nunca lera un libro cuns personaxes tan desenvolvidos, e a súa paixón por viaxar a tantos lugares do mundo o que foi: vivindo, descubrindo e como as vidas dos personaxes son tan reais, como por exemplo os momentos nos que sofre problemas e é traicionado e a forma no que o conta faino sentir máis intensamente. 
Despois tamén, a medida que o ía lendo, puiden ver que polo título do libro, que non íia ser o típico libro onde todo sae ben e non ocorre nada malo durante toda a historia, senón que encaixa mellor coa realidade e non o fai tan... fantasioso, e ensina un pouco como é a xente en realidade e que non só van ter boas intencións e que non sempre se pode confiar en calquera persoa, senoón que temos que saber quen é de verdade a persoa na que podemos confiar e saber velo.
É un libro que lle recomendo a xente que estea interesada en ler unha historia apaixoante que reflicte rasgos da realidade que calquera outra historia non podería ofrecer.

Sen comentarios