Este libro conta a historia de Calpurnia, unha rapaza á que lle apaixoan as
ciencias. A súa nai quere que aprenda a bordar e a cociñar para facer dela unha
señorita, pero Calpurnia non quere esa vida, quere ser científica.
Nesa época (1899) non era frecuente que unha muller tivese unha profesión
así, pero a ela tanto lle ten o que digan.
Chamoume a atención como a protagonista con tan só 11 anos lle atrae o
mundo que a rodea: o porqué das cousas.
O libro gustoume ao seu completo.
Sen comentarios
Publicar un comentario