Comentario de Alberto García Fernández
A evolución de Calpurnia Tate
Jacqueline Kelly
Kalandraka
O libro conta a historia dunha nena chamada Calpurnia que
"coñece" ao seu avó, un científico xunto ao cal aprende moitas cousas
relacionadas coa natureza.
Calpurnia vive nunha sociedade na que as mulleres se teñen que
ocupar case de todo, sen cobrar, e na que está mal visto que unha muller viva
pola súa conta sen depender dun home e sen familia.
Callie Vee (Calpurnia) quere ser naturista, e ao final o libro
non conta nada diso, cousa que non me pareceu mal, posto que acaba dunha forma
bonita coa casa e o exterior nevado.
Este libro engancha de verdade e lese moi rápido. O que máis
me gustou foi a historia do morcego e o descubrimento da pranta, porque te
mantén coa intriga de saber se será unha nova especie ou non.
Recoméndollo a calquera, posto
que conta unha historia moi bonita e se pasa ben ao lelo.
Sen comentarios
Publicar un comentario