Comentario de Helena Pereiras Villamayor
Todos somos
Marcos Calveiro
Xerais
Todos somos conta a
historia dunha rapaza desaparecida nunha pequena cidade galega. Dende o meu
punto de vista, é un libro moi interesante xa que narra os problemas da vida
cotiá, cos que nos podemos atopar cando menos o esperamos. Cousas tan simples
como unha desaparición, nun día e nun sitio calquera.
En canto ao
final, gustaríame que se aclarase o tema da desaparición de Natalia, xa que non
queda moi claro se se resolveu o caso ou non.
En xeral, o
libro gustoume moito, porque unha vez que empezas a lelo non podes parar ata
chegar ao final.
Sen comentarios
Publicar un comentario