ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

30/10/13

Bágoa de Lúa

Comentario de Mª Eugenia Gil


Bágoa de Lúa
As Crónicas de Landereina
Sabela González
Galaxia  

Este libro está ambientado en dúas épocas distintas, pero conectadas entre si. Trátase do mundo das amazonas (no ano 1227) e do mundo da realeza( no ano 1164).
A protagonista sen dúbida algunha é Berenguela, filla dunha amazona (Siastia) e pertencente á familia real. A coprotagonista é Güanela, filla da druída da aldea das amazonas. Outros personaxes que cabe destacar son Cátaba e Bunm, pais adoptivos de Berenguela; Breihm, amigo de Bunm; a traidora, Maërsis, antiga amazona; Bénegard, bisavó de Berenguela e Berthel, bistío de Berenguela; entre outros. O mago Wiasmau tamén xoga un papel importante na historia.
Esta historia resumiríase así:
Nunha aldea de amazonas, Berenguela é separada da súa nai, a cal aceptou pensando no seu ben. É levada á casa de Cátaba, antiga amazona da aldea. Un día a aldea das amazonas é atacada polos guerreiros kaihunn, seguidores da traidora. Tras o ataque á aldea amazona, Güanela viaxa ata a casa de Cátaba, Bunm e Berenguela para contarlles o ocrrido. Deciden nese momento por en marcha o plan acordado para este tipo de situacións. Os guerreiros kaihunn séguenos durante o camiño ata Ghekla, onde se atoparán co mago Êlekva que protexerá a Berenguela e á prezada pedra que posúe. Durante o camiño, Berenguela descubre moitas cousas do seu pasado: a súa procedencia da familia real, o valor do amuleto que a súa nai lle regalara, a Era Escura e a súa relación con ela, o poder que contiña e perigo que podía pasar. Tamén durante ese camiño, é forzada a deixar atrás a Cátaba e a madurar moi rapidamente,  a saber tomar decisións e a conlevar o que con elas trouxera. Nese camiño, coñece a uns centauros,  a un elfo e dáse conta do valor que ten para ela Güanela. Este libro ten final aberto, que continuará no resto da Triloxía “As crónicas de Landereina”.
Está escrito en xénero narrativo.
A miña opinión persoal é:
Gustoume o libro en xeral, era entretido e divertido. A parte que quizais non me guste do libro é que ten o final aberto, aínda que dá ganas de ler o resto da triloxía. Outra das cousas que non me convenceron moito foi que mesturaba as partes: nun capítulo estaba falando de Berenguela e da súa vida ao lado do mar; pasaba a estar falando sobre anos atrás, como Benegard coñecía o segredo da familia. Era un pouco enrevesado, pero atopábaslle o sentido canto máis avanzabas na lectura.

Sen comentarios