Comentario de Antía Buján Dobarro
Ámote Leo A.
Rosa Aneiros
Xerais
Quedei
engaiolada con Ámote Leo A. dende que comecei a ler o primeiro capitulo. No
momento en que a autora deu a coñecer a idea de que Leo viaxaría ao redor do
mundo visitando os lugares máis inhóspitos, descubrindo culturas, persoas e
aprendendo como vivir co mínimo posible, sabía que me ía namorar.
A iniciativa
de Leo a pesar de ser arriscada, e con moitos perigos, gustoume. Sentín cada
lugar que viaxaba e cada sentimento que a protagonista viviu.
Cando Leo saíu
do seu fogar e comezou a viaxar resultoume monótono pero ao coñecer ao
grupo Ruth e Cía sabía que Leo comezaba unha aventura que me espertaría moitas
dúbidas. Ao longo da historia, cando decide marchar para Marrakech pregunteime
por que a autora escolleu un país coma ese onde hoxe en día hai tantos problemas
e tantas dificultades, xa sexa cos gobernos ou coa poboación. Tamén, entre
outras moitas cousas que me agradaron da autora é que mostra que temos que
seguir os nosos soños aínda que sexan erróneos, pódennos valer de experiencia
ou para non repetir os erros pero sempre servirán para descubrirnos a nós
mesmos. Desta forma Leo ao ir soa descóbrese a si mesma e a desenvolverse soa
pola vida.
Rosa Aneiros
ao longo da historia fíxome pensar moito en como somos as persoas dependendo
das situacións. Por exemplo, se estamos sós queremos compañía e se estamos en
compañía queremos estar sós.
Para
rematar, o libro mantén a intriga da frase "Ámote Leo A" en cada
momento e no meu caso pensei que ao rematalo desvelaríame quen se esconde
detrás desta, pero non.
Gustoume
moito e espero con moitas ganas ler o seguinte.
Sen comentarios
Publicar un comentario