ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

22/06/13

O señor Ibrahim e as flores do Corán

Comentario de Aitana Ansemil



O señor Ibrahim e as flores do Corán
Eric-Emmanuel Schmitt
Faktoría K
 
 
No seu comezo esta historia pareceume un relato moi frío pola súa forma de tratar a historia, pero a medida que a historia continuaba volveuse máis divertida. O que máis me gustou  é a maneira na que o señor Ibrahim reacciona ante as situación con Momo, sen prisa pero sen pausa e tamén as súa maneira de observar as súas cousas. Pero non me gustou o ambiente no que se desenvolve, un barrio no que a prostitución para un rapaz de tan só trece anos é normal.  
En xeral atopeino entretido e que recomendaría sen dubidalo.

Sen comentarios