ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

19/06/13

Gárgola

Comentario de David Núñez Ouzande




Gárgola
Carlos Vila Sexto
Galaxia


O libro non foi un libro que me encantara, gustoume e pareceume entretido porque me fixo vivir o medo e a aventua nun mesmo momento.
Ao principio, cando comecei a lelo, pareceume un pouco aburrido, pero ao pasar a segunda páxina xa me comezou a enganchar e entreter.
Gustoume como se desenvolve a historia a partir do soño, ou mellor dito, pesadelo de Jeremy.
Recoméndollo o libro á xente que goste de relatos de medo, sentirán moitas emocións como me pasou a min.

Sen comentarios