Comentario de Ánxela Llinares
De ratos e homes
John Steinbeck
Galaxia
Pareceume curioso o libro, a reflexión tan
certa que fai que aínda que esteamos rodeados de moita xente a soidade pódenos
perseguir igual, coma a Crooks co que se ve un illamento polo simple motivo de
ser negro, xa bo é que no caso dos protagonistas téñense o un ó outro polo
motivo de que se coñecen de toda a vida. Tamén nos ensina que aínda que sexa
difícil de aceptar hai soños que non se cumpren pero isto non significa que non
haxa que loitar por eles xa que no caso desta historia non podemos saber se
se ían cumprir ou non xa que a tráxica historia final arruinou todos os plans
que puideran ter.
Sen comentarios
Publicar un comentario