Comentario de Martina Domínguez
As sete mortes
Carlos Vila Sexto
Galaxia
Na miña opinión o libro está ben, si, pero
non sei, é coma se lle faltase algo.
Comeceino a ler por obrigación e non me enganchou demasiado. Si, hai acción xa
dende o principio pero a historia non me acabou de convencer. Ademais os libros
de lendas e fantasía mesturados coa realidade non son o meu tipo.
O que si me gustou foi a valentía coa que afrontaba a vida Natalia, que,
despois de perder un fillo debeulle ser moi duro seguir adiante pero a
pesar diso conseguiuno e ademais arriscou a súa vida por Xacobe. Isto fixo que
ela se convertese na miña personaxe favorita.
O final non mo esperaba pero gustoume porque sei que Xacobe se quería morrer e
conseguiu irse en paz.
Finalmente só dicir que este é un libro que recomendo ao público ao que lle
gusten as historias de lendas e fantasía.
Sen comentarios
Publicar un comentario