Comentario de Patricia Lázara Framiñán
Gárgola
Carlos Vila Sexto
Galaxia
Encantoume! Esta é a palabra perfecta para definir os meus sentimentos cara ao libro.
Ao principio non me resultaba nada interesante. O soño de Jeremy é realmente arrepiante, pero pouco a pouco deixa de selo, cando descobre quen é un dos personaxes.
Gustoume moito como o escritor describe o mal que o pasaba Jeremy e o seu pai, River.
A verdade é que non me esperaba que Jeremy fose tan loitador e lograse vencer o medo que o afogaba.
Ver como en estrañas circunstancias morrían Benjy e mais a súa nai, Dorothy, ou atoparse falando cunha persoa e que un minuto despois a atopes morta ten que ser moi duro, pero Jeremy demostra a súa enorme valentía, aínda que el considerábase un covarde.
Sen comentarios
Publicar un comentario