Comentario de Martina Domínguez
Carlos Negro
A apariencia deste libro provocou en min velo como
algo que ía ser ameno, divertido e entretido e non foi errónea a miña primeira
impresión.
O único que me botaba para atrás á hora de lelo era
que a min non é que me encante a poesía, pero unha vez lin as primeiras páxinas
remateino do tirón.
Cultivos tranxénicos comeza cunha entrevista que
para o meu gusto ten respostas moi realistas e acertadas. De feito foi esta a
parte que máis me gustou do libro. Despois segue cuns poemas que falan dos
pobos galegos a día de hoxe e no que se están a converter.
Os poemas tamén me gustaron moito.
E ben, finalmente dicir que desfrutei del, polo que
é un libro que recomendo!
Sen comentarios
Publicar un comentario