Comentario de Eva Fares
Poetízate
Fran Alonso
Xerais
A poesía aquí recollida é moi sixela de ler e
iso anímate a ler poesía, que é un xénero pouco lido. É realmente interesante porque esta
antoloxia vai dende Rosalía de Castro ata a poesía actual, pasando por gran variedade e tipos de
poesía.
Gustoume moito tanto “A onza de chocolate, o
peixe e o paxaro” de Carlos Negro como “A poesía non morde” de Fran Alonso, posiblemente
fose o que máis me gustou do libro.
Logo de ler todos os poemas, a visita guiada
do final do libro anímate a reler o libro. Este libro
racha con todas as visión típicas da poesía,
como que é cursi e difícil de ler, e ademais fai un
percorrido pola literatura galega moi
interesante.
Paréceme un bo libro para iniciarse coa
poesía, coincidindo coa intención do autor.
Sen comentarios
Publicar un comentario