Comentario de María Rey
Poetízate
Fran Alonso
Xerais
O libro pareceume moi sinxelo e entretido de ler. Certamente, como é
lóxico, houbo poemas que pasaron sen pena nin gloria ante os meus ollos, pero
houbo otros que me gustaron moito como son:
- ‘Moraima’, xa que me expresa un amor verdadeiro, e creo que como a calquera, a min gústame enganarme crendo iso do amor verdadeiro e eterno, ese polo cal olvides o sufrimento.
- MARÍA XOSÉ QUEIZÁN:
O que amo é o amor
A mesma idea do amor
O feito mesmo de amar
As palabras coas que amo.
Amo a miña conciencia de amar.
Ámome.
Este poema tamén me gustou verdadeiramente moito, xa que representa moi
ben un pensamento que sempre estivo presente en min, xa que creo que a maioría
das veces non existe o amor, só as ganas de amar e os enganos que iso conleva; e
tamén que non podes chegar a querer a ninguén se non comezas por quererte e ti
mesmo.
- LUPE GOMEZ
Ninguén
Me prohibirá nunca
Estar soa
Creo que o único que estás nas miñas mans decidir é a soidade, algo que
ninguén me pode arrebatar e, para min, unha das cousas máis valiosas que temos.
- BERTA DÁVILA
As bonecas finximos
Sempre
Os sorrisos que mais nos favorecen
Nunca entendín nin creo que chegue a entender por que a xente se dedica
a xulgar a esas persoas que seguen co sorriso nos beizos pase o que
pase, aquelas que se enfrontan a vida ensinando os dentes, sempre son
persoas que ou non senten, ou teñen algún outro mal apelativo. Para min ese
poema representa a perfección dunha forma moi sarcástica de que o valente é
saber sufrir e afrontar a vida cun sorriso, botarlle un pulso facéndolle
saber que coñeces o difícil que pode chegar a ser, pero que non te rendes. Xa
que non se pode cambiala, mellor vela polo lado bo.
En conclusión só direi que me gustou o libro, creo que da poesía sempre
podes aprender moito e sempre poderás levala ao teu terreo e facela túa. Algo
que a min persoalmente me gusta moito, facer meus os pensamentos alleos e
pararme a pensar naquilo que nunca se me ocorrera.
Sen comentarios
Publicar un comentario