Comentario de Noelia Amigo
Poetízate
Fran Alonso
Xerais
Para min a poesía é outra maneira
distinta de expresarse; non digo que sexa diferente, senón que é unha forma
máis de expresar as cousas, pero facendo que ó lelas nos resulte máis bonito
ler un poema que un texto narrativo. A min principalmente gústame máis ler un
poema coas súas rimas, metáforas... que ler un texto narrativo.
Neste libro a min persoalmente gustáronme moitos poemas pero cos que eu me
quedaría serían con estes:
·
Amada, labro versos para ti sen sosego-
Miro Villar.
·
Cando ela dorme- Vicente Araguas.
·
Non coidarei xa os rosales - Rosalía de
Castro.
·
Deitada frente ao mar - Celso Emilio
Ferreiro
·
Voz sen verbas - Antonio Garcia Tejero.
·
Bolboreta - Francisco X. Fernández Naval
O que máis me gustou sen dúbida foi "Deitado frente ao mar":
este poema fala dunha propia lingua, da cal se sinte orgullosa, unha lingua
que ten máis de cen anos, unha lingua falada por pais e avós, e da que
agora só quedan algúns falantes que non se avergoñan dela, tamén
critica ós soberbios, ós ruíns e poderosos, ós finchados, ós baleiros, e de
todos aqueles mozos que se avergoñan do galego.
Tamén critica a
sociedade daquela época, na cal había que suar por un prato de comida.
Sen comentarios
Publicar un comentario