Comentario de Alberto García Fernández
Héleris
Carlos Negro
Espiral Maior
O libro conta, en forma de poesía, como chegan a estar xuntos Helena e
Paris.
Explica como co paso do tempo, Helena pasa de soñar a chegar a
ser unha princesa, a acabar traballando para poder comer, casando co home que
lle manda súa nai... queda embarazada, ten un fillo e morre xunto ao seu home sen chegar a ser
princesa.
Por outra parte fai o mesmo con Paris, que logo dos catorce
anos, ten que traballar para vivir pola súa conta e logo de se casar para
alimentar a súa familia.
Este libro transmitiume moita mágoa pola pobreza na que
vivían, e pola que hai no mundo en xeral.
Houbo cousas que non entendín, pero estes libros estanme
facendo cambiar o meu modo de pensar sobre a poesía.
Gustoume moito e lese axiña.
Sen comentarios
Publicar un comentario