ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

15/02/13

Makinaria

Comentario de Andrés Cangas Sánchez   


Makinaria
Carlos Negro
Xerais




Este libro é, sen dúbida o mellor libro que lin no
curso, xa que a linguaxe que emprega é moi xuvenil
e as metáforas son moi boas. É moi fácil de ler aínda
que algunha das metáforas que aparecen non se
entenden moi ben, polo demais o libro gustoume
bastante, só  me queda darlle a noraboa ao autor.
Despois de ler o libro paréceme moi ben que lle
poñan o seu nome á nosa aula, xa que tamén el
é de Lalín, a capital da nosa comarca. Creo que a
maioría dos meus compañeiros tamén pensan que
é un bo libro. Tamén me gustou porque empeza
con euforia e adrenalina polos coches e remata coa
tristeza da morte. 
Ogallá fosen todos os libros así.
 

Sen comentarios