Comentario de Ana Colmeiro Corral
O mundo secreto de Basilius Hoffman. Un faro na escuridade
Fernando Cimadevila
Urco
Deste libro teño que dicir que me encantaron as súas ilustracións xa que hai que ter moita imaxinación para inventar lugares, animais, e cousas como o Argestes ou a Lámpada Lúa.
Tiña moita curiosidade por ver que facía Peter con Iskiel e como acabaría a historia, pero parece que non remata aínda neste libro.
Tamén me gustaron moito os novos lugares e os novos personaxes que aparecen. De todos os sitios novos quédome co meu favorito: a Cidade Eterna. Das novas personaxes as que máis me gustaron foron Horacio, Liz, Valentine, o Avó e Gabriel, que non era de todo novo pero que antes se facía chamar Duncan e era outra persoa distinta.
Impactoume o final da historia, xa que non esperaba que aínda quedara un dos Antigos e falara con Peter. Pero impactoume para ben, claro, xa que me encantou a historia que lle conta o derradeiro Antigo a Peter e como acaban todas as cousas.
O único que non me gustou foi qeu tardase en publicarse tanto tempo, xa que case non me acordaban algúns personaxes como Walter, Gedeon e os membros de Avalon.
Quedoume curiosidade polo que lle pasou a Abel Rinkin no seu paso polo bosque prohibido.
Ao principio vía rara a orde das historias, como que aparece antes cando Duncan lle dá a caixa a Basilius que a explicación de que era para que recordase e espertase do soño, pero que despois me pareceu moi ben porque o lector podía maxinar ou pensar por que ocorría iso.
Gustaríame que o próximo libro non trate de soños como o primeiro e o segundo polo de ir variando, aínda que os dous anteriores me gustaron e se podería dicir que me namorou o mundo de Basilius.
Dou por sentado que cando menos haberá un terceiro libro xa que quedan preguntas por resolver como o final, aínda que o lin varias veces non souben de que falaba o último parágrafo.
Espero coa mesma ansia qeu o anterior o terceiro libro e espero que me guste tanto como os outros dous.
1 comentario:
Pois aínda queda corda para rato, da serie principal faltan tres libros máis, e logo algún spin-off. Non te preocupes, o tema dos soños rematou nestes dous primeiros, os seguintes estarán enfocados cara a aventura pura e a investigación.
Moitas grazas polas túas palabras, e unha aperta dos autores.
Publicar un comentario