Comentario de Martina Domínguez
Makinaria
Carlos Negro
Xerais
A min o libro, como á maioría de compañeiros, gustoume moito. Cando o comecei
a ler pensei que ía ser un rollo porque a poesía non me gusta demasiado. Pero
despois pareceume moi entretido porque é un libro que realmente conta
feitos que a día de hoxe pasan habitualmente.
O que penso que estaría ben sería facer "Makinaria 2" para os
perigos da estrada nas persoas de máis idade, xa que normalmente os maiores
tamén adoitan pensar que eles controlan e que como levan máis anos conducindo
poden ir máis rápido ou beber máis da conta e conducir.
O que máis me gustou deste libro é que me fixo pensar como me sentiría se
algún amigo/a meu morrese a causa de ser irresponsable na estrada e como se
sentirían os seus familiares.
En fin, que "Makinaria" é un libro que animo a ler porque ademais
de ameno é fácil de entender e real.
Sen comentarios
Publicar un comentario