ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

16/01/13

Makinaria

Comentario de Mariana Carreño


Makinaria
Carlos Negro
Xerais




O libro en si gustoume moito. Ao principio pensei que me ía aburrir porque a poesía nunca me chamou a atención, pero esta achégase á realidade na que viven gran parte de adolescentes, ás cousas que lle ocorren e pensan.
Moitos dos amigos que teño andan por esas idades e coinciden con algunhas cousas que menciona o libro. Non me maxino como me sentiría se a algún deles lles ocorrese o mesmo que ao rapaz dos poemas.
Indubidablemente os poemas que máis me gustaron foron os que están dentro da parte "Game Over". Son como a despedida do rapaz que morre, o rapaz do que se fala en todos os poemas. Así é como o vexo eu. Esta parte do libro fíxome imaxinar os sentimentos dos familiares ante á perda dun ser querido tan novo.
Eu recomendo a lectura deste libro. Ao principio parece que ten un sentido totalmente diferente ao que en realidade ten.

1 comentario:

Ángela Silva dixo...

Gustoume moito o libro xa que ten uns poemas dirixidos maioritariamente aos adolescentes, polo que o entendín moi ben.

Non me importaría ler mais libros deste tipo.