ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

16/12/12

O cazador de estrelas

Comentario de Uxía Mosquera


O cazador de estrelas
Ricardo Gómez
Edelvives




Gustoume moito este libro, conta o día a día dun neno de saharaui de 12 anos que ten una enfermidade pulmonar. Cóntanos os seus soños,  desexos, sentimentos… e as circunstancias nas que se atopa o seu pobo saharaui.
Bachir non podía saír da súa jamida, tiña medo a que se se movía podería sufrir outro ataque nos seus pulmóns, e iso era moi doloroso para el. Súa irmán Malagi e súa nai coidábano moi ben, facíanlle todo e ata lle lían contos porque el non sabía ler nin escribir, só miraba os debuxo dos libros e imaxinaba o que pasaría neles na súa mente. A el gustáballe Dajba, unha amiga de súa irmá Fiuna, coa que pelexaba case todos os días porque a ela non lle parecía normal que non fixera o máis mínimo esforzo por se levantar e poñerse mellor, e que despois cando se curara non axudara na casa e faltara a clases poñendo a escusa da súa enfernidade, pero grazas a Jamida, (un vello cego) as cousas cambiaron, fíxolle ver que se tiña que esforzar, que non todo era un camiño de rosas, e que había enfermidades peores neste mundo. Ensinoulle as estrelas, e un día coa súa axuda fíxoo poñerse de pé. El íao visitar todas as noites, pero un día tívose que ir, despedíronse entre choros, Bachir queríao moito e tíñalle moito aprezo, el díxolle que lle escribira e quedaron niso. Bachir fixo as paces con Fiuna  a cambio dun trato, se ela lle ensinaba a escribir el teriase que esforzar máis na súa recuperación e non  podería ser tan egoísta. Bachir esa noite levantouse despacio e colleu una manta e saíu a ver as estrelas conforme facía con Jamida, el veu 3 estrelas fugaces e pediulle un desexo a cada una delas.

Non foi moi complicado de ler, excepto polos nomes e palabras en árabe. Conta unha historia moi bonita e podes aprender moitas cousas dela se te fixas no seu significado.
 

1 comentario:

Rubén Campelo dixo...

A min en xeral gustoume o libro porque nos ensina da vida da xente en
África, en realidade, cóntanos a historia dun rapaz chamado Bachir que
sofre unha enfermidade chamada neumotórax. Gustoume o personaxe
de Jamida porque era cego e sabia onde se atopaban as estrelas e
en que parte do músculo tiña que tocar para tensalo. O final non me
gustou porque é un final aberto e, a verdade e que, non esperaba que
acabase así.