ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

10/12/12

O cazador de estrelas

Comentario de David Núñez Ouzande


O cazador de estrelas
Ricardo Gómez
Edelvives

Este libro foi un libro raro para min, porque ao comezar a lelo non me gustaba, quería cambialo, pero logo a medida que o ía lendo nin me gustaba nin me deixaba de gustar. Finalmente, decidín lelo, pareceume un libro moi triste porque Bachir dábame pena.
Non é un tipo de libro que me adoite chamar pero non me disgustou. 
Ao final, demóstranos que querer é poder e que o apoio da familia e os nosos seres queridos é moi importante. Creo que este tipo de libros axudan a rapaces que o estean pasando mal.
De todos os xeitos, a historia non me convence.

1 comentario:

Alba Camanzo dixo...

A min non me gustou. Produciume moita tristura. Hai partes nas que había algo raro que non terminei de comprender, ogallá tivese máis partes de medo.