ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

18/12/12

As Rulas de Bakunin

Comentario de Sonia Framiñán


As Rulas de Bakunin
Antón Riveiro Coello
Galaxia




     Segundo a miña opinión, o libro é realmente fermoso, encantoume a historia en si, a personalidade de Camilo, a forma en que está relatado... En fin, que me gustou moito e me pareceu un relato fantástico.
      É unha historia moi conmovedora, xa que conta todo o que viviu Camilo e a súa familia, o mal que o pasaron e os problemas todos que tiveron. 
      O libro foime sorprendendo continuamente, xa que non me esperaba nada do que sucedeu, dende o principio foi unha auténtica caixa de sorpresas. A forma en que está relatado, intercalando tres etapas distindas na súa vida (cando era mozo, logo xa cando era máis grande e na actualidade) e tamén cartas escritas á súa defunta esposa Rosalía, facía que a cada paso me fose interesando máis e intrigándome.
      O final do libro foi sen dúbida ningunha o que máis me sorprendeu, porque despois do reencontro co seu vello amigo Andrés e de que o seu neto xa puidese ver, esperábame un final feliz, pero todo o contrario, pareceume bastante tráxico. Malia iso, non me defraudou en absoluto, xa que os relatos nos que o final non é ao que estamos acostumados emociónanme moito e fan que a historia me guste moito máis.

Sen comentarios