ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

09/11/12

Os fillos do mar

Comentario de Fátima Valladares Sucasas


Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais

Este libro deixarama marcada por moito tempo. A pesar de que o autor dá moitos detalles de todo o que vai acontecendo e pode chegar a parecer un libro interminable, a realidade é que cnado chegas á últimas páxinas, dáste conta de que pagou a pena. Vai contándoo todo dunha forma tan exacta que sen darte conta, sixilosamente e entreténdote, acabas metido na historia, coma se foses unha das personaxes.
Iso foi o que máis me gustou, que Pedro Feijoo transmítenos a cada momento como se van sentido os protagonistas, como pensan.
Todo isto, se o mesturamos co que conta o libro en si, esa forma na que dun lío de couss que ao principio non se entenden moi ben, logo de pasar por tantas investigacións e aventuras -moitas veces perigosas- acábase ordenando todo na cabeza e co mellor final que podía ter ocorrido. 
Sen dubidalo, recomendaría esta lectura a calquera, porque o lector verase obrigado a pasar páxinas ata chegar ao marabilloso e bonito final.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Hola! Gustaríame pedir aos que dirixan o blog se poden eliminar o meu comentario sobre este libro, xa que sale ao buscar o meu nome en google, non ten maior importancia, pero polo meu traballo actual non me gusta que saia nada relativo ao meu nome na rede. Ou en todo caso, poñerlle outro título para que non apareza. Moitas gracias!!