Comentario de Rebeca María Gisel Broemser
Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais
Comezarei escribindo que aínda que o libro en concreto trata dun segredo, dun misterio, non só transmite intrita senón tamén outros sentimentos.
Eu lin o libro en tres tramos:
No primeiro, que comprende desde o principio, é dicir a partir da páxina 11, ata a páxina 191, que se trata da fin do segundo acto; o que sentín foi intriga, sobre todo co comezo debido ao motivo polo que Simón estaba metido en todo aquilo; e ansias de que entre Mariña e el ocorrera algo nun sentido sentimental.
No segundo, da páxina 193 ata a páxina 314; sinceramente, resultoume algo cansado de ler nalgúns casos. A verdade é que rin batante coa actitude e personalidade do personaxe Iago Rey. E ao contrario doutras persoas, encantoume o cacho do misterio revelado neste segundo tramo que lin; podería dicir que para min foi en certo modo a mellor parte.
No terceiro, estou a falar do tramo comprendido entre as páxinas 315 e 425, resaltarei que lin con ansias a espera de descubrir máis sobre os segredos da verdadeira vida de Hugo e Daniel. E agradoume moitísimo a forma no que o autor foi encaixando complexamente as pezas do puzzle do misterio. Claro está, para quen leu o libro e tamén estea lendo isto, que me encantou que ao final Mariña e Simón estivesen xuntos.
O libro en si está moi ben. Teño que admitir que ao longo da historia fixen, como seguramente todos, as miñas propias deducións; obviamente nalgunhas acertei, noutras non... Gustoume o desenvolvemento da historia aínda que a momentos, como xa dixen, resultoume cansado de ler; eu atribúo isto a desgana de continuar coa lectura por motivos que nin eu sei ben, xa que en realidade adoro ler.
En definitivia, o libro enganchábame e soltábame en ocasións pero insisitíame en seguir coa historia ata o final.
Sen comentarios
Publicar un comentario