ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

08/11/12

Os fillos do mar

Comentario de Patricia Fernández Pájaro


Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais



Hoxe, tras varios días atarefados, decidín poñerme a ler “Os fillos do mar”, o cal, a premiera vista, cría que me ía resultar complexo. Abraiantemente, non foi así. Non comecei con moitas ganas, pero debo dicir que é un deses libros con tal intriga que non desexas deixar de ler.
Atopeime con certas dúbidas ao longo da lectura. Por exemplo, o significado que tiña na historia Eneas. Pero segundo foi pasando o tempo xa me ía dando conta.
En resumo, foi un libro que volvería ler unha vez máis, pois causou en min moitas emocións e sacou algún que outro sorriso.
 

Sen comentarios