Comentario de Fátima Bouzada
Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais
Tras ler as primeiras páxinas decateime de que
me ía gustar moito este libro. Ao principio sabía ao que me atiña, sabía máis ou menos por
onde ían ir as cousas pero houbo nalgunhas partes que non sabía ao que me ater, houbo
cousas que me desconcertaron, non entendía o que intentaba dicir, pasaba dunha cousa a
outra verdadeiramente distinta. Nalgunha situación pasei ata medo polo que lle puidese ocorrer
aos personaxes principais.
Cara ao final sorprendinme de como sucedían as
cousas, como aparecían algunhas persoas nos
lugares ou nalgunhas situación adecuadas e
como pensaba que todo estaba perdido para eles,
pero unha vez máis sorprendeume o libro.
A min gústanme moito os libros de intriga,
misterio, aventuras encontreino todo, ou case todo.
Quero dicir que Gracia tiña razón ao dicirnos
que nos ía gustar porque me encantou e que me
alegro de que o puxese de lectura obrigatoria.
Eu recomendo este libro a calquera persoa que
lle guste ler ou que non que aínda que sexa
moi grande e teña moitas páxinas é moi fácil de ler
e calquera que o lea vaise enganchar moi
rápido e acabaríao en moi pouco tempo.
Sen comentarios
Publicar un comentario