Comentario de Flor
Agión
O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais
Ledicia Costas
Xerais
Comecei a ler o libro, como se fora un deles,
un máis dos tantos libros que tocan ler, pero descubrín desde os primeiros capítulos, que
era diferente... ata tal punto que o seu relato atrapoume e non puiden parar de lelo ata o
final.
Creo que una das causas foi que sentinme
identificada coa protagonista, xa que a min tamén me tocou cambiarme de residencia, deixando
atrás á familia e ós amigos e adaptándome a un
lugar novo.
Outro dos motivos, foi que o trama é moi
actual, reflexa o que está pasando hoxe en día con moitas adolescentes, que pecando de
inxenuidade, abren as súas vidas e os seus corazóns en internet, un mundo marabilloso e fantástico así
como tamén perigoso e descoñecido.
Isla, a protagonista, non atendeu aos
consellos da súa amiga e queda co seu amado Xúpiter, sen saber que será a súa sentencia final.
Levando isto á realidade que nos envolve, á
miña vida cotiá no instituto e cos meus amigos; o libro axudoume a reflexionar sobre os perigos
que hai e da importancia de estar alerta aos sinais que nos dá a vida.
Recomendo este libro positivamente, porque
ademais de ser una historia atrapante e moi bonita, permite que abramos as nosas mentes e
os nosos ollos ao mundo que nos rodea.
Sen comentarios
Publicar un comentario