Comentario de Alejandro Tarrío
O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais
Ledicia Costas
Xerais
Día 1, páxinas 0-53.
Apencas comecei o libro, tan só lin os primeiros capítulos, pero xa me dei de conta de que é un libro claro e fácil de entender, cousa que sempre me preocupa á hora de ler un libro.
Día 2, páxinas 53-93.
Cheguei ao sexto capítulo e vexo que o libro aínda non me engaiolou. De momento, fáltalle algo de emoción, pero a protagonista está facendo amigos e inimigos, pronto se porá interesatne. Xúpiter paréceme raro e non sei se sairá ben de todo.
Día 3, páxinas 93-127.
Por fin cheguei ao punto onde por moi canso que estea quero seguir lendo para saber o que pasa. Gústame o de poñer a Isla entre dous amores, entre Xúpiter e Anxo, e a Mar como amiga e conselleira.
Día 4, páxinas 127-177.
O libro cargouse de tensión, a actitude de Carballo cara a Isla e mais a situación coa nai de Carballo gustoume moito. Deixando a un lado todo iso, Isla é algo torpe por facerlle dano a Anxo por Xúpiter.
Día 5, páxinas 177-216.
Era visto. Xa me temía eu final así! De todos modos, sorprendeume, dáme mágoa per comprendo que así a historia é máis realista.
En xeral, o libro gustoume, algo frouxo nalgún momento, pero eu recomendaríao sobre todo para o público adolescente.
Sen comentarios
Publicar un comentario