Comentario de Álvaro Villar Ferreiro
Dragal. A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Xerais
Máxico, esa sería a palabra para definir este libro.
Ao principio, o libro parecíame difícil de ler, porque non o entendía moi ben. Foi cando Hadrián e Mónica comezaron a visitar as catacumbas cando comecei a me enganchar. No momento en que finalizaba un capítulo non podía parar de ler xa que tiña a intriga de saber que pasaría no seguinte capítulo.
Sen dúbida, cando teña a oportunidade lerei a segunda parte, xa que quero saber como remata a historia.
Sen comentarios
Publicar un comentario