ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

18/11/12

Dragal

Comentario de Ángela Silva Varela


Dragal. A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Xerais

Capítulos 1-2
Paréceme un pouco rollo porque non entendo moi ben onde vive e que lle pasa a seu ai. Tampouco entendo quen é Mónica.

Capítlos 3-5
Xa me empeza a gustar máis, cáusame intriga que vai pasar co amuleto que lle deu a nai a Hadrián porque o encontrou nas cousas do pai. Tampouco sei que vai pasar con Mónica despois de deixala plantada co traballo mentres estaba na igrexa con Don Xurxo falando sobre os dragóns e mirando os que había alí. Está interesante e non dou parado de ler. Necesito saber que pasa!

Capítulos 6-9
Canto máis leo máis me intriga e máis ganas teño de seguir. 

Capítulos 10-14
Hadrián recorda o conto que o seu pai lle contara de pequeno. Quero saber a orixe de San Pedro e a súa relación co medallón de Hadrián.

Capítlos 15-17
Está moi interesante porque Don Xurxo está a axudalos coa expedición polas catacumbas.

Capítulos 18-28
Gustoume moito o libro aínda que ao principio non o entendía ben. Agora estaba moi intrigante..

Sen comentarios