ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

16/11/12

Dragal

Comentario de Rubén Campelo

Dragal. A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Xerais



Este libro é un dos mellores que lin tanto de aventura como de fantasía, porque é un libro no que nunca te esperas o que vai pasar. Non segue unha liña continua no tempo, o que me desconcertou un pouco ó principio, pero ó que se establece séguelo mellor e gústache máis.
A miña parte preferida foi a de cando Hadrián e Mónica entran naquel pasadizo e ségueos Brais; desde esa parte engancheime ó libro porque non te podías imaxinar o que podía pasar. O que máis me decepcionou foi o final, xa que non o esperaba así.
 

Sen comentarios