Comentario de Lucía González Bouzas
Servicio de urxencias
Suso de Toro
Xerais
O libro gustoume porque nunca antes lera unha obra de teatro e pareceume moi gracioso e divertido poder maxinar eu os personaxes e as súas accións, en vez de velo como se fai normalmente co teatro.
O que máis me gustou do libro foi o seu humor, a forma de facer divertido algo tan común coma un servizo de urxencias e algún que outro médico. Do libro non hai nada específico que non me gustase aínda que algún capítulo si me gustou máis ca outro.
Tamén creo que o libro nos ensina que non podemos tomarnos tan en serio a vida, que o humor pode xurdir ata nun hospital.
Sen comentarios
Publicar un comentario