ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

19/01/12

O mundo secreto de Basilius Hoffmann

Comentario de Andrea Raíndo Míguez


O mundo secreto de Basilius Hoffman
Fernando M. Cimadevila
Urco


Cando tiven por primeira vez este libro nas miñas mans, pensei que non ía ser capaz de lelo, pero unha vez empecei estaba desexando acabar un capítulo para empezar o seguinte.
É un libro que nos fai viaxar a lugares do mundo, algúns reais como o deserto de Exipto e outros imaxinarios como a Cidade dos Tellados. Os personaxes principais son Peter e o seu tío Basilius, un rico e importante científico pero con sona de estar algo tolo. Van vivindo un montón de aventuras rodeados de misteriosas irmandades, animais imaxinarios e deuses do antigo Exipto.
Con todo isto, vaise desenvolvendo unha trama na que hai amizade, ambición, arrepentimento e os desexos de loitar por un mundo mellor.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Se queredes coñecer máis sobre o que vos depara a serie de Basilius Hoffman podedes pasarvos pola páxina oficial:
www.basiliushoffman.com

ou polo Facebook:
https://www.facebook.com/pages/O-mundo-secreto-de-Basilius-Hoffman/170697026333294?ref=ts