ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

13/11/09

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Ainara García Doval


Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco



A historia que se narra neste libro gustoume sobre todo porque tenta reflectir as ideas dun rapaz que se rebela contra a forma de vida que seus pais lle pretenden impoñer, e el decide optar por un futuro no que poida tomar as súas propias decisións, a pesar de que isto lle depare a xenreira e o odio de toda a sáu familia.
Na historia preséntanse tanto os pais coma os seus irmáns coma uns fanáticos da cultura e da tradición punxabis. Dentro destas ideas, caracterízanse tamén por teren pensamentos racistas, fascistas e desprezativos cara a outras culturas; por viviren nunha sociedade retrógrada que defende o papel inferior da muller, a hipocrisía dos seus membros (xa que acusan as persoas doutras razas de sern a orixe dos problemas sociais, mentre que dentro da súa cultura abárcase dende a prostitución e as drogas ata a infidelidade nalgúns matrimonios) e o emprego da violencia contra so propios membros dunha mesma familia co pretexto de difundir disciplina.
Tamén se presentan cunha mentalidade primitiva e retrógrada, -por exemplo, defendendo a continuacións da existencia dunha sociedade de castas, na que se trata con inferioridade aos membros de castas máis baixas; a distinción e separación de homes e mulleres en todas as tarefas da vida cotiá; a prohibición de mencionar temas tabú coma o sexo; a valoración sobre todo de cousas materiais que teñen algúns dos individuos de maior idade; a maneira superficial de ver as cousas e de se preocuparen das opinións alleas...-.
Unhas das cousas que máis de gustou da historia é que a pesar das chantaxes emocionais que levaba a cabo a súa nai, Majit ao final acaba por se decidir a levar as rendas do seu propio futuro, aínda que para isto vaia quedar apartado da súa familia para sempre, posto que tome as decisións que tome -sexan axeitadas ou non- polo menos será el mesmo quen asuma a responsabilidade dos seus actos.

1 comentario:

daniel perez dixo...

ola son daniel alumno de 1º de bacharelato B e queria comentar dando a miña opinion sobre este libro q se nos obrigou a ler , en resumo este libro gustoume xq e entretenido e moi divertido polas expresions e ten detalles moi bos , ainda que a parte na que van á india pareceume un peñazo aburrido e moi descriptivo.
Un saudo!