Comentario de Tania Nogueira Montoto
Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro
Xerais
Uns poemas verdadeiramente marabillosos.
Este poemario está cargado de sentimento, emoción e compromiso. Podo percibir unha certa ironía no tratamento dos temas, tamén un compromiso social e político coa sociedade do seu tempo, denunciando a represión e a inxustiza que vive Galicia.
A través destes poemas achégome a esa época cruel. O poeta retrátaa con tanto realismo que confire en min un sentimento de dor por todo canto aconteceu.

1 comentario:
Grazas Tania polo teu comentario. Alédame que che gustase o libro.
Publicar un comentario