ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

03/03/09

Os ollos de K

Comentario de Sara Vallo Munín


Os ollos de K
Riveiro Coello
Galaxia


É un libro bastante complicado, pero ao mesmo tempo, interesante. Ao principio non me gustaba o exceso de datos, e dicir, cando describe. Pero debo resaltar que me encantaron as historias, o que me motivou para lelo.
Outro detalle a resaltar é esa manía polos ollos, que sen dúbida foi un final sorprendente, no último momento.
O que debo dicir na súa contra é que non é un libro que se le nun día pero recoméndoo sen dúbida ningunha porque é un libro bastante entretido cando lle colles o fío.

Sen comentarios