ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

06/03/09

A conta atrás

Comentario de Mateo Cornado

A conta atrás
Carlos Portela
Faktoría K

O cómic é moi entretido pero á súa vez tamén bastante triste xa que conta todo o que pasou logo do Prestige.
O libro relata moi ben toda a tristeza que sufrimos os galegos e a corrución política nesta catástrofe. Mentres estiven lendo sentía aquelas dores, tristezas, mentiras, manifestacións que houbo en Galiza no ano 2002.
Debería ser máis longo xa que se me fixo moi pequeno, pero encantoume.

Sen comentarios