ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

30/12/15

Lume de cobiza

Comentario de Raquel García


Lume de cobiza
Miguel Anxo Fernández
Galaxia



"Lume de cobiza" de Miguel Anxo Fernández ademais de ser un libro entretido é tamén un libro bastante didáctico. Didáctico por que? Didáctico porque nos ensina como é a sociedade actual dun mundo que xira arredor do capitalismo.
Lendo este libro entretinme bastante, non só polo asasinato en si e por descubrir o asasino (feito principal) senón tamén por saber ata onde é capaz de chegar a xente e o que é capaz de facer polo poder e máis concretamente polo diñeiro.
A trama do libro é a morte dun rapaz que aparenta morrer por sobredose e que perfectamente podería pasar desapercibida coma outras moitas mortes de sobredose que hai, de non ser polos pais que están convencidos de que o asasinaron. Ao principio pode parecer que moitos personaxes sobran na historia pero cerca do final todo encaixa como pezas de puzzle e cada personaxe ten a súa importancia na mesma.
Este libro confirma esta frase que di "o home é capaz de autodestruirse" a cal é unha verdade evidente. A miña pregunta é: como nos cega tanto o diñeiro que non vemos que nos estamos matando a nós mesmos? En fin...
O personaxe ou os personaxes cuxa vida non entendo moi ben e que me parecen algo complexos son Soutelo e Sugar Jones xa que me parece que poderían ter unhas vidas máis fáciles e non tan complicadas.
O feito da historia que máis me gustou e máis me conmoveu foi as landras que colleu Soutelo na súa terra e que posteriormente ao viaxar a Malibú e atopalas as pranta en macetas como xesto simbólico de non perder as súas raíces.
Para concluir, dicir que é un libro do que podemos aprender moitos.

29/12/15

A praia dos afogados

Comentario de Nerea Álvarez


A praia dos afogados
Domingo Villar
Galaxia


Este libro gustoume moito
 Esta historia trata sobre a aparición dun cadáver , que pensan que afogou, na praia de Madorra. O policía Leo Caldas, provinte de Vigo, é o que recibe a chamada de alerta, a cal o vai converter no inspector deste caso. A parte da novela que máis me gustou foi cando o inspector Leo non lle dá importancia ó corpo do morto, é dicir, da por feito que foi un suicidio pero ó longo do día a autopsia rebela que a forma na que ten atada as mans descarta que fora un suicidio, senón un asasinato. Esa parte foi a que máis me gustou porque o inspector non lle daba importancia a ese pequeno detalle de como a tiña amarradas as mans mediante unha brida.

Outra das partes da historia que máis me gustou foi que aínda que o cadáver se atopou na praia de Madorra, algunhas das súas pertenzas encontráronse en lugares diferentes, por exemplo, no texto di que a súa chalupa atópase ó outro lado do Monteferro. Estes pequenos detalles son os que emocionaron a seguir lendo xa que che crea a intriga de se nalgún outro lugar pode aparecer algunha outra pertenza do falecido.

Desta novela sen dúbida gustoume todo xa que o autor intenta que nos intriguemos con cada paso que inspector Leo vai dando. A intriga na que te sometes cando empezas a ler a historia é extrema xa que, dende o meu punto de vista, déixaste invadir pola historia é como se te meteses dentro da novela e pouco a pouco vas atando cabos e intentando resolver ó mesmo paso ca Leo o caso.

26/12/15

Matarte Lentamente

Comentario de Cristina Costela Seara


Matarte lentamente
Diego Ameixeiras
Xerais





Matarte Lentamente de Diego Ameixeiras foi o primeiro libro de novela negra que lin. Pareceume unha novela moi realista xa que trata de abordar temas de actualidade no xénero negro, que reflicten a crise actual, dende unha perspectiva humana onde Compostela aparece coma un símbolo que une as diferentes historias. 
Neste libro, Diego Ameixeiras presta unha atención especial aos personaxes femininos e tamén escribiu unha novela con moitos fíos argumentais. Foi un libro que ao principio me custou, xa que tardei en entender como se unen as historias. 
Esta novela fai unha crítica dunha sociedade en crise económica e valores, dende un punto de vista máis humano no que o tema sería o drama que xorde polas solucións extremas que toman estes personaxes de vidas derrotadas. Os temas pertencen á vida normal.

 Os fíos argumentais desta novela son unha parella de xubilados preferentistas, unha rapaza ecuatoriana que busca unha vida mellor, unha estudante con embarazo non desexado, unha detective que vixía ao seu home , un pai desesperado por salvar ao seu fillo enfermo, un narcotraficante con desexos de adoptar entre outros.

É un libro fácil de ler xa que ten un léxico cotiá e está baseado no diálogo; a tensión vai crecendo para atrapar ao lector.

Un libro que me gustou moito, e que me adentrou no mundo da novela negra.                        
 

11/12/15

Millo verde


Comentario de Adrián Mato



Millo verde
Xosé Fernández Ferreiro
Xerais
 
 
 
Este libro fíxome reflexionar sobre como actuaría eu se me ocorrese algo semellante ao que lle aconteceu o protagonista, pero non só iso, senón, que me dei conta que moitas veces estou a criticar as persoas que son acusadas de algo, sen saber se en realidade o fixeron, só critico de oídas. A verdade, cheguei a pensar que Manuel era culpable e que de verdade violara a María Teresa, aínda máis cando saíu a sentencia que o acusaba, mais estaba equivocado, coma todos os que o criticaron antes de tempo. 
O que está claro é que lendo este libro  metinme no papel de todos os personaxes e percateime de que eu caía en todos os prexuízos que o autor tenta denunciar no libro. Tamén cabe resaltar a grande neglixencia, por parte do Xulgado e do xuíz. Que pasaría se Manuel non se volvera atrás e se tirara polo barranco, morrería sen culpa ningunha, mais por sorte non o fixo. Non só supuxo unha malísima tempada para o colexio e para o matrimonio, senón que tamén para o seus fillos, que tiveron que marchar á casa dos seus avós por temor de que lles pasase algo, é penoso que uns cativos sen culpa se vexan involucrados nun caso así. Así e todo o libro gustoume moito e oxalá poida atopar máis libros similares a estes.

10/12/15

Como unha áncora

Comentario de Adrián Mato


Como unha áncora
Iria Collazo López
Galaxia





Este libro resultoume sinxelo de ler dado que dende un comezo me gustou e enganchou, o cal me fixo permanecer pegado a el ata rematalo. É impresionante a capacidade que ten a autora para mesturar o ficticio co real, ademais de como é capaz de elaborar toda a historia e facela mediante pequenos capítulos nos cales o narrador conta o que lle ocorreu ou o que lle ocorre, a  canda unha das personaxes principais (María, Manuel e siña Amalia). O amor de María e Manuel pasa por diversas fases, nun comezo, ambos os dous estaban namorados mais ningún era quen de dicirlle o que sentía polo outro, e é entón onde penso que influíu o factor distancia, o cal condicionou a daren o paso e ir vivir xuntos, para despois María perder o seu home no mar. Como consecuencia disto, prodúcese a morte do fillo que estaba a medrar nos seus adentros. Entón é cando entra outra, que para min é unha personaxe principal na historia, á que anteriormente se fixera referencia pero moi de vagar, a siña Amalia, non sei como expresar o que sentín o ler  porque era cega e manca, e o que tivera que pasar pola defensa do seu marido e mais dos seus fillos. En verdade merecía estar na Cova da Lontra. A autora mediante os capítulos nos que Manuel era o protagonista, dábache esperanza de que este estivera vivo, como así era. Como María atopa a Manuel, foi algo que nunca imaxinaría. Para rematar quero dicir que me gustou especialmente que a autora fora directamente o gran, sen dar rodeos, dende o comezo da historia.

09/12/15

Ollos de auga

Comentario de Daniel Gavieiro Suco


Ollos de auga
Domingo Villar
Galaxia




Nada máis ver este libro o título chamoume moito a atención, pero cando lin a contraportada fíxome cambiar de idea, porque pensei que ía ser un deses libros normais nos que existen un policía, un ladrón e soamente as cousas típicas dos crimes, pero non. Este libro xa comeza contando dende o primeiro momento as cousas do crime, o que fai que te enganches a el e non o podias deixar de ler para descubrir máis cousas sobre el.
É un libro sinxelo e bastante fácil de ler grazas ao seu vocabulario. O que tamén influe moito a hora de entender e ler o libro é a descrición dos lugares dos que fala, como fai ao describir o corpo da vítima despois de ser asasinada tan brutalmente.
Mentres avanza a historia tamén che vai dando algunhas pistas de quen pode ser o asasino e encamíñate hacia un sospeitoso, que ao final da historia non resulta ser el. Xa no desenlace da historia o policía Leo consegue resolver o caso.
É unha historia con moitos personaxes, o que fixo en min unha lea, xa que mesturei  aos protagonistas. O personaxe que máis me gustou foi Rafael Estévez debido a súa maneira de ir directo as cousas e a súa forma de actuar.
Non foi unha das primeiras novelas policíacas que lin, pero sen dúbida recoméndoa porque considero que vai ser un deses libros ao que a xente se vai enganchar e lle vai acabar gustando moito.

08/12/15

O cabo do mundo

Comentario de Vanesa Lalín Pousa



O cabo do mundo
Xabier Quiroga
Xerais



O título deste libro “ O cabo do mundo” pareceume moi atractivo, pensei que sería unha historia de aventuras, con intriga, pero resultou diferente o que eu me imaxinara.
Cando o empecei a ler resultábame unha historia moi monótona, pasaba páxinas e máis páxinas, ata que por fin empezoume a resultar máis interesante e fácil de ler, aínda que me transmitía ideas diferentes, por un lado estaba o protagonista, Carlos Pereira, un mestre que se tiña que enfrontar a súa enfermidade terminal, pero á vez conseguía sacar forzas para así descubrir unha parte do seu pasado que o estaba atormentando, levando ao longo da historia a moitas situación que o poñían ao límite da vida. Pero por outro lado isto todo estaba envolto nun ambiente onde debido a certos acontecementos que pasaron na guerra do 36 todo se convertía en represión, é dicir a represión franquista, onde se deixa ver como o pder político xunto coas “escuadras do amencer” facían que o destino de calquera persoa cambiase para sempre, debido ás torturas, violacións, asasinatos... que se producían dunha forma moi inxusta.
Así Carlos, o protagonista, quería coñecer ese pasado sobre o seu pai, eu penso que o atormentaba á vez que lle daba medo descubrir novas cousas que ao mellor non lle ían gustar, pero a pesar de todo iso coa axuda dun amigo descubriu toda a verdade, que aínda que foi moi dura, el sentiuse aliviado.
Por outro lado o libro fala de sitios da Ribeira do Miño, de Chantada, Lugo, Monforte... que como son coñecidos para min resultábame máis interesantes.
Como resumo podo dicir que este libro  me aprendeu a admirar máis a esas persoas que aínda que estean en situacións moi complicadas son capaces de saír unha e outra vez adiante, aínda que neste caso o protagonista rematara dunha maneira triste, é dicir, o seu cancro levouno a morte pero el, sobre todo neses últimos tempos loitou ata a fin .
Con todo isto deime de conta do inxusta que pode ser a vida con calquera de nós, só é preciso estar no lugar e no momento concreto para que isto pase.

07/12/15

Ardalén

Comentario de Lucía Otero


Ardalén
Miguelanxo Prado
El Patito Editorial




Este libro pareceume dos mellores que lin nunca, porque fun descubrindo cousas novas da historia dos personaxes que non imaxinei velas así. Encántanme as partes de cando ven o Ardalén e saen as baleas, ou cando está Fidel na casa e de repente vense peixes, cando ven Xana, Rosalía ou Ramón falar con el.

Ao principio non me gustaba moito Rosalía, parecíame que se quería aproveitar de Fidel, pero ao longo da historia funlle collendo certo cariño, ao contrario de Ramón, con quen me pasou todo o contrario, pero Xana sempre me gustou bastante. Sabela encantoume desde o primeiro momento, pareceme moi riquiña, ao igual que Fidel, que me dá moita pena que non poida recordar quen é. Non me gusta nada Tomás, paréceme unha persoaxe despreciable, que non sabe ser amigo; nin sequera persoa.

O final pareceume impresionante, todo o desenvolvemento, e que non conte cousas, senón que aparezan documentos, cos que ti vas resolvendo as dúbidas sobre a historia.

Encántame tamén que trate moitos temas, coma o amor, o odio, amizade.. Os debuxos son inmellorables, as cores da auga da habitación, as expresións esaxeradas, non teño palabras, gustoume desde a primeira páxina que vin.
Pouco malo teño que dicir deste libro, sinceramente. Espero atopar outros tan bos coma este.

06/12/15

Agosto do 36


Comentario de Francisco Rodríguez


 
Agosto do 36
Xosé Fernández Ferreiro
Xerais



Este foi o primeriro libro que lin de Xosé Fernández Ferreiro, e a verdade é que me pareceu un libro agradable de ler. 
O feito de ser o primeiro libro que leo deste tema da Guerra civil, que por outra parte sempre foi un tema que me gustou bastante, xunto co feito de oír tantas boas palabras sobre este libro agromou unhas grandes gañas de lelo canto antes. 
A principal característica que destacaría é a gran capacidade que ten para integrarte na súa historia grazas, principalmente, ás descripcións tan detalladas que ofrece e que axudan ademais a axilizar a súa lectura. Tamén teño que dicir que este foi un libro que espertou distintos sentimentos que calquera outro libro debido a que me axudou a comprender as precarias situacións que se vivían durante a Guerra Civil. 
Neste libro admiro as mentalidades de xente coma Sara, que pese a saber o castigo que pode ter non se amedrenta e loita polos seus intereses, o que me pareceu admirable e que se podería extrapolar a moitos casos que se dan na actualidade como é o caso da escravitude que ocorre con moita frecuencia coas persoas de raza extranxeira. A trama tamén trasmitiume un sentimento de impotencia xa que, deixando a un lado os casos de persoas coma Sara ou coma Gregorio, a poboación limitábase a aceptar a opresión, principalmente debido ó gran medo que exercían o castigos que se lle impoñían a estas persoas "valentes". O único malo que lle adxudico a este libro é que non deixa opción a imaxinar o final xa que xa cho conta ó principio, e que estaría mellor ó final para deixar voar libre a imaxinación sobre o desenlace da trama.
En definitiva, un libro que volvería ler polos grandes sentimentos que me trasmitiu, pola súa facilidade de lectura e pola gran cantidade de información que me aportou sobre a vida do pasado.