ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

29/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Andrea Díaz


Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco



Comecei a lectura deste libro sen moito entusiasmo; pensaba polo título que sería unha historia sinxela, pero sorprendeume, sobre todo logo de charlar co autor. Paréceme que o trasfondo é moito máis amplo do que maxinamos, vai máis aló dunha historia curiosa sobre un adolescente con aires de rebeldía que se rebela contra os seus costumes familiares e decide afrontar a vida seguindo as súas propias leis.
A historia é de culturalismo, sobre a liberdade de elixir quen e como queremos vivir e quen e como queremos ser.

Con Bali Rai

O xoves o alumnado de4º da ESO e 1º de Bacharelato puido coñecer ao escritor inglés de orixe indú BALI RAI, grazas á editorial Sotelo Blanco. Temos moito que lle agradecer a Narciso, representante desta editorial, por sermos nós os escollidos: só seis centros de Galicia tiveron esta sorte.
Bali Rai, autor de Un casoiro ben mal amañado achegouse ao centro cun intérprete pois el non sabe castelán nin galego. Pero foi ameno e contou ao alumnado como é vivir nun lugar multicultural e como é vivir en situacións de pobreza que levan ao vandalismo; contou tamén por que se fixo escritor e como nos seus libros reflicte a súa sociedade, o xeito de falaren e as palabras que utilizan. Algúns alumnos e alumnas atrevéronse a preguntar en inglés directamente e outros fixérono en galego, e tod@s eles saíron moi contentos desta experiencia nova. Ademais, o libro gustoulles, que é importante!

28/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de José Antonio Rey García

Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco


Sorprendinme ao coñecer a historia do mozo protagonista, tiña unha pequena idea de qeu se facían estes casoiros pero o relato desta historia conmoveume.
Penso que a súa elección foi moi arriscada, que renunciou a moitas cousas pola liberdade e paréceme unha persoa moi valente, pois no seu lugar serían moitas as persoas as que se someterían á súa relixión sen facer nada.
Por outra parte, alporízome ao pensar que unha relixión obriga a facer esas cousas, creo que se deberían limitar á crenza e ao culto, pero sen privar da liberdade a ninguén.
Deume pena que non continuase a relación dos protagonistas. Ás veces axuda máis o silencio que as palabras para consolar á persoa amada, e a moza do protagonista sabía que facer en cada momento.
Os abusos do pai eran continuos, e non só os do pais senón os de toda a familia, un tema que se trataba con total normalidade, sendo unha auténtica brutalidade.


Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Susana Cumbraos Troitiño

Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco



O libro está ben, amosa o estilo de vida dos punxabis e de como a sociedade pode chegar a comportarse, sempre cunha maneira de pensar moi peculiar, aínda que sexa para ben e non para mal.
O libro expresa os cambios de personalidade dunhs personaxes a outros, deixando ver así como persoas que conviven xuntas teñen diversas formas de pensasr e actuar.
En xeral gustoume, estaba ben e aproxímanos a coñecer unha nova sociedade, a forma de vivir desta...
En canto ao final... estaba moi visto!!! Eu prefería que acabase doutro xeito, máis orixinal, que fixese que me sobresaltase e me impactase. Porque non me produciu nin tensión nin sorpresa.

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de María Agustina González

Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai

Sotelo Blanco

Non sei moito que dicir deste libro, aínda que podo asegurar que ME ENCANTOU.
Dende o principio ao final, porque nada máis comezar o lector séntese coma se fose o protagonista e vive todo o que a el lle acontece; séntese odio cara aos racistas, non entendes a ese tipo de pais e sentes todas as emocións xuntas que sente o protagonista, e mesmo non sabes se rir ou chorar ou como reaccionar ante todas as vivencias do protagonista, sobre todo que dicir ante unha cultura e unha tradición que non te deixa ser ti mesmo.
Encantoume o final. Non se me pasou pola cabeza nunca, pero foi como tiña que ser.
É un libro fascinante. Así que se podedes lelo, lédeo.

27/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Silvia Villar García

Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai

Sotelo Blanco

Este libro cóntanos as tradicións dunha familia india, e do fillo máis novo, que é diferente, non entende á súa familia nin quere acatar as ordes inxustas desta. Lévase moi ben co seu tío, porque este tampouco é moi ben aceptado pola familia a causa das súas ideas liberais.
Cando lin este libro tiven sensacións de rabia e tristura porque eu poñíame no lugar deste rapaz, sempre só, incomprendido pola súa propia familia, cunha nai que non lle demostra o seu amor, finxindo sempre...
El tiña que buscar o amor que a súa familia non lle deu nos amigos e na xente de fóra.


Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Lorena Bibián Caramés

Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco



PAreceume un libro moi interesante xa que nos conta a experiencia dunha persoa no seu intento de casar coa persoa que ama, unha moza que non é da súa relixión e por iso os seus pais o obrigan a casar con outra, con que ao final non casa e acaba marchando. Cóntanos como a relixión doutros países está moi vixente e a xente tómaa moi en serio. A pesar da tristura dalgúns momentos, o libro gustoume.


Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Lorena Villar García

Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco



O libro está narrado en primeira persoa. Amósanos como nalgunhas culturas os pais obrigan aos seus fillos a casar -con só 17 anos- cun ou cunha descoñecid@ que nunca antes viran. Exercendo de xeito forzado todas as responsabilidades que trae consigo isto.
Tamén nos transmite unha forte sensación de pena, tanto polo trato que lles dan os seus pais e irmáns como pola decisión de elixir entre a súa familia e a súa futura muller ou a súa namorada.
No libro podemos ler perfectamente que esas familias non casan por amor senón por compromiso familiar.
A min gustoume moito, é moi entretido. Non me gustou o final, preferiría que fose máis xusto.
Ten bastantes erros na tradución ao galego.

26/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Cristina Ares Carballude


Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco



O libro non me desgustou; pareceume interesante por coñecer os costumes doutras culturas; e indignoume o machismo que se reflicte no libro, a muller nunca ten decisión para nada.

Pareceume un libro demasiado Xuvenil.

25/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Rocío Pena López

Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco




O libro non me gustou moito porque é algo aburrido. O personaxe principal non ten liberdade ningunha e a familia é moi inxusta con el, xa que o obrigan a facer cousas en contra da súa vontade.

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Gloria Lareo Neira

Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco



Gustoume o libro, pois aprendín doutras culturas. Aínda que non comparto a idea de casar por interese, tema principal, paréceme interesante aprender doutros costumes e doutras relixións.
Ao principio, non estaba moi a gusto coa lectura do libro. Non me gustaba o trato dos pais co seu fillo. Dábame mágoa del.
O que si me pareceu ben foi que fuxise para non casar. Que rompese coas regras.
Eu recoméndoo.

24/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Hadriana Rey García


Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco



Gustoume moito o libro porque amosa moi ben as diferenzas entre culturas. É moi entretido e encantáronme as aventuras que conta, as experiencias que vive o protagonista... Recomendaríallo a calquera que me preguntase, é moi emocionate.

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Patricia Villanueva Rodríguez

Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco




Este libro pareceume moi interesante xa que fai unha mestura de culturas:
por un lado, o protagonista pertence a unha familia punxabi moi conservadora
por outro lado, cando sae á rúa é coma se se atopase noutro mundo, xa que a cultura da súa cidade é moito máis aberta (negros con brancos: cada un elixe por si mesmo).
Ademais, pareceume moi completo, xa que trata temas moi variados: amor, racismo, amizade...
En xeral, a historia gustoume, aínda que me decepcionou o final, xa que eu quería que o protagonista tomase outra decisión.
E non me gustou nada a tradución: creo que ten erros graves.

23/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Patricia Guimaraes de Sousa

Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco



Este libro amosa a crueldade dos pais ao obrigaren a casar os seus fillos.

O libro gustoume, aínda que me daba moita pena e tristura cando o pai lle pegaba ao fillo e lle dicía que era un mal exemplo para a familia. Non entendo que con tan só 17 anos, teus pais te obriguen a casar cun descoñecido e te obriguen a ter as túas propias responsabilidades como pai de familia.
O rapaz ten que decidir entre a súa familia e a súa liberdade, eu eu estivese na súa situación non sabería que facer, porque con esa idade tería que estar cunha descoñecida a quen non quere.
Gustoume moito o final, cando fuxiu. Tomou unha decisión moi difícil, pero fixo ben. Afrontou a súa vida con valor.
Este libro amósanos dun xeito moi cruel a maneira de sobrevivir de moitas relixións e culturas.

Creo que estaba moi mal traducido.

22/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Eva García Bibián

Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco




Pensaba que eran cousas do pasado, que iso xa non se facía, que cada un podía optar libremente con quen pasar o resto da vida; pero agora xa ata dubido disto. Non podo crer que aínda hoxe se manipule a vida das persoas dese xeito, porque segundo os meus principios as persoas son libres para decidir o modelo de vida que queren seguir. Claro que as situacións conidicionan e o respecto as relixións, porén creo que deberían evoluír aínda que só neste sentido de respectar os dereitos do home, as liberdades das persoas.
Paréreceme unha situación moi difícil a do protagonista e, a dicir verdade, non sei que faría no seu lugar.

21/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Cristina Barral Rey


Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco



A miña opinión sobre este libro é que é moi entretido e gustoume bastante. Deume mágoa o protagonista porque debe ser moi dura a situación de que teu pai che pegue e que non cofíe que grazas aos estudos puidese chegar a ser un home con futuro.
Non me gustou o final, xa que eu preferiría que quedase coa moza, por tanto polo que loitaron polo seu amor.
Este libro ten varios erros, confunde 2 días con 2 anos, por exemplo.

20/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Olalla Calvo Fernández

Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco



Este libro non me gustou porque non agardaba este final; o protagonista vive unha situación moi difícil, escoller entre vivir a súa propia vida ou manter as relacións coa familia.
É un libro triste, porque ter que escoller entre estas dúas cousas é difícil. Ten algúns erros ao final cando di que pasaron dous días e pasaron dous anos.
Eu non o recomendo para que o lean, porque é bastante lioso e non se espera o final que ten.

19/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Luis Segade Penela

Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco



Desde que comecei a collerlle o fía á historia, o libro gustoume. Gustoume como o autor plasma a forma de vida, costumes da xente da India, o radicalismo da relixión punxabi.
Paréceme que hai erros de tradución, pero creo que é un libro moi recomendábel para saber doutras culturas e entreterse.

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Noelia Rosende López


Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco




Comezo dicindo que o libro gustoume moito xa que relata unha historia de amor fermosa; aínda que tamén relata feitos brutais como as palizas que recibía Manny ou o dos casamentos amañados. A min este tema dáme moita rabia porque hoxe en día en moitos lugares e en moitas relixións séguese a realizar isto e paréceme rastreiro que dúas persoas se teñan que casar sen coñecerse de nada e sen sentimento ningún, só polos beneficios económicos que poidan ter os pais ou as persoas que concertan ese matrimonio.


Tamén me parece importante sinalar o racismo e o machismo que existen nese tipo de relixións, de como as mulleres son sometidas ó mandato total do home e como no caso deste libro creo que se deixaban someter elas mesmas (polo menos a nai de Manny).

Teño que engadir, que o final desconcertoume bastante, sospeitaba que el non casaría, pero esperábame que volvese con Lisa; aínda así non estivo nada mal.


18/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Mateo Cornado


Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco



Paréceme unha salvaxada o que lle fan ao rapaz.

A familia que non quere estar no mundo moderno cando seu fillo, que ten outras ideas, moito máis abertas, si o quere facer.
Non me gusta o trato que lle teñen os demais, xa que a familia punxabi o único que debe importar son os cartos, xa que non se quere que estuden, porque sen estudos tamén serás algo grande segundo a súa filosofía.
Outro trato malo que notei é que un pai debería axudarlle ao máximo posíbel ao seu fillo, que neste caso non ocorre para nada.
Dende logo, o que sentín foi unha gran tristura pola falta de liberdade do rapaz, que nunha vive baixo unha ditadura.
Aparte de que o libro é entretido, tamén aprendes unha cultura da que eu nunca oíra falar.


17/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Begoña Quinteiro Latas


Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco




Non me gustou o libro polo final.

Cóntanos o que acontece noutras culturas coas vodas, coa falta de liberdade, co dominio absoluto dos pais sobre os fillos.

16/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Eva Cacheda Pando

Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco



A min este libro non me gustou pola súa historia, xa que conta como uns pais tentar forzar ao seu fillo a algo que el non quere.

Eu prefiro os libros onde haxa aventuras e algo de humor.

15/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Antía Iglesias Otero

Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco



É unha historia impresionante que reflicte a situación da sociedade punxabi nunha sociedade europea, desenvolvida, como o é o caso de Gran Bretaña.
Parécenme moi interesantes as historias da súa visita á India e como Mangit, o seu tío e Mohan argallan para que Mangit poida fuxir a Inglaterra. Tamén as tradicións das vodas punxabis e como logra desfacerse de todo e deixar atrás a toda a súa familia.
Sorprendeume o final, no que a pesar de loitar por estar con Lisa acaban afastados.

14/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Enma Vázquez Rivas


Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai

Sotelo Blanco



Gustoume o libro xa que non é un libro co que ti te poidas identificar cos personaxes.

O libro vai dunha rapaz de cultura punxabi. Vainos relatando a súa vida,pero fai un fincapé entre os 13 e 17 anos. Na súa cultura os pais deciden con quen teñen que casar os seus fillos,pero el non o fará.

Recomendo este libro xa que che axuda a compreder o que están a vivir outras persoas doutros pobos e outras culturas.

13/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Sara Vallo Munín

Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai

Sotelo Blanco


Gustoume moito o libro. Pareceume moi interesante e entretido.

No libro podese apreciar moi ben a sociedade dos punxabi e da India e como se completan ou compaxinan a vida actual coa vida tradicional e o importante que nesta última é perservar todo e ser unha boa persoa (ou un bo punxabi, como din no libro) por encima de todo, ata por encima da liberdade e felicidade dun.

Por iso, admiro moito a valentía e coraxe de Manny, ao rebelarse e loitar para poder acadar a súa felicidade, porque el sabía que iso só pasaría se tiña o dereito de vivir a súa vida. Non como lles pasou aos seus irmáns.

Pareceme totalmente incorrecta a postura do pai, (a nai practicamente está ausente, algo que me chamou moito a atención, pero que non me estrañaba), non sei como foi capaz de enganar de tal maneira ao seu fillo, e como os seus irmáns o permitiron.

En resumo, este libro nos presenta a "incompatibilidade" dalgunhas sociades.

12/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Marcos González Fernández

Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai

Sotelo Blanco



Gústame moito do libro a sensación de realismo, que vén dada sobre todo polas palabrotas e vulgarismos que usan os personaxes, e pola boa adaptación que fixeron os tradutores deses vulgarismos, xa que supoño que será difícil trasladalos ao galego.
Atopei moi graciosa a vinganza da páxina 168.
O libro pareceume moi bo, porque é fácil de ler, entretido, polas ensinanzas que nos dá, divertido, realista... A pesar de certos matices que non me gustaron.
Creo que deste libro debemos aprender que cada un é responsábel das súas decisións, que ninguén pode escoller por un, nin obrigar a tomar unha ou outra decisión, e que cada quen debe definir as súas prioridades (que normalmente non coinciden coas doutras persoas) e non por iso é un egoísta; opino coma o autor, polo que pon no libro.

11/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Lorena Villar



Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai

Sotelo Blanco


Pareceume un libro moi interesante.

Gustoume moito porque unha páxina de lectura pedíache outra e estaba desexando chegar ao final.

Parece que este libro reflexa moi ben que debemos ser nós os que tomemos as nosas propias decisións, aínda que moitas veces non poidamos.

10/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Carla Gómez Ferradás


Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco




Este non é típico libro co que nos podemos identificar cos personaxes senón que é un libro no que tes que entender o posto de cada un dende fóra.
Fálanos dun mozo que narra a súa propia historia da vida que lle están a amañar dende os 13 anos, agora que ten 17.
A súa familia é da cultura "punxabi", unha cultura na que os pais deciden con que casan os seus fillos, amáñanlle o casamento normalmente con familias ás que se lles debe favores.
Pero desta vez o rapaz non casará, el está canso da súa familia, das malleiras, dos insultos aos amigos... El quere vivir a súa propia vida. E consígueo grazas ao seu amigo, que o salva desta inxusta voda.

Recomendo o libro, é moi interesante xa que aprendes as tradicións dunha nova cultura.

09/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Laura Carballo Mato


Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai

Sotelo Blanco



Gustoume moito o libro. Pareceume un libro moi entretido, aínda que tivo partes duras, e que supoño que reflexa a actitude de moitas familias con esa cultura aínda hoxe en día. Pareceume moi inxusto como trataban ao protagonista, como lle zoupaban por calquera cousa, que fose diferente aos seus costumes e non o deixaban elixir a el, elexir o seu futuro nin tan sequera os seus amigos.O que máis xenreira me dou foi cando o abandonaron na India, foi o peor que lle puideron facer. Penso que o de impoñerlles ás persoas cousas que non son ou nas que non cren e obrigalos a cambiar ata tal punto que non teñan outra cousa máis que poder facer non é a maneira correcta de que acaben pensando e actuando así, aínda que pode axudar, por iso gustoume o valor que lle botou Many para fuxir de todo iso coa axuda do tío e ser fiel ao que el pensaba e quería realmente.Tamén me pareceu moi admirable o valor que tivo ao rexeitar o casoiro amañado, ao fuxir cando estaba a piques de casar, deixar atrás a familia sabendo que os decepcionaría, que aínda que se portaran mal con el, era a súa familia, e deixalo todo polo seu futuro, pensado soamente nel. Despois de todo o que lle fixeran era o mínimo que el podía facer.
Non estou nada de acordo co dos casoiros amañados e paréceme demasiado triste que hoxe en día poida haber casos así. Cada un ten que loitar polo que quere, sempre coa certeza de que é o mellor, e non aceptar o que lle impoñen.

08/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Patricia Taboada Espiño

Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco




Paréceme moi inxusto que neses países con culturas tan diferentes, un tanto radicais, obriguen aos seus fillos a casar sen amor. Tamén vexo mal o valor que dan ao matrimonio, considerándoo simplemente como un contrato de convenencia.
En canto ao libro, gustoume moito, xa que reflicte perfectamente esas culturas. A parte da historia de Manny é algo triste, por todo o que ten que pasar unha familia tan cerrada.

07/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de José Fontao Salgueiro

Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco



Pareceume interesante o libro xa que nos fala doutro pobo, doutra raza e doutros costumes. Ademais dun país descoñecido para min como é a India. Tamén me ensinou que non todas as persoas teñen tanta liberdade coma nós, xa que o protagonista non podía casar con quen quería.
En xeral. pareceume bastante interesante.