ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

20/07/08

Morning Star

Comentario de Daniel Castro Fontao



O libro trata da loita dun rapaz pola supervivencia nun mundo de violencia que lle desagrada por completo e que as veces o fai sufrir,pero non ten máis remedio ca seguir roubando e atracando casas xa que a súa orixe humilde lle impide vivir con solvencia e a taberna familiar apenas aporta beneficios.

Despois da morte dos seus pais el debe buscarse a vida confraternizando con perigosos criminais e bandoleiros,dos cales moi poucos son boas persoas.
Ás veces atopa algun que lle bota unha man,pero na maioría das ocasión tan só a súa pericia o libra da morte.
Ao longo do libro viaxa por case toda a xeografía galega coñecendo personaxes moi variopintos.
Nun dos seus atracos coñece a Helena,unha bela moza que protexerá a partir dese dia poñendo en risco a súa propia vida e anteponiendo o ben da arpaza ao seu propio.Xuntos foxen para non seren capturados polos agavelados,que os queren matar,e consegen chegar a Lugo onde arapaza ten uns parentes que a coidarán.Polo camiño sofren múltiples aventuras e percances,sempre baixo a a meaza de seren capturados polos bandoleiros que buscan un tesouro,do cal tan só sabe onde esta o protagonista.

O sentimento máis salientable que me produciu a lectura deste libro foi de simpatía cara aos portugueses, xa que admiro moito a personaxe de Tomás das Congostras pola súa gran valentía.
Tamén admiro moito a capacidade do protagonista de antepoñer o benestar alleo ante o seu,sobre todo con Helena,coa que acaba casando e formando unha familia.

10/07/08

Erros e Tánatos

Comentario de Diego Cagide



Hill & Mignonne.

Esta foi unha histora que aparentemente tiña un comezo normal, que non se saía fóra do común, e cando semellaba que ía ter un final típico e aburrido, muda de todo.

Gustoume, pero ao mesmo tempo sorprendeume que tivera ese final.

Foi a primeira historia do libro e impactoume.

Castelos na area.

Esta historia, segundo o meu punto de vista é un pouco irreal, xa que me parece difícil que un neno poida ser capaz de matar a un adulto soamente porque xulgou mal a súa obra.

Pero ao mesmo tempo vese reflexado o enfado que se pode cegar a coller nesas idades cando che arrebatan o teu soño.

O amigo Delmiro.

O amigo é unha historia que reflexa moi ben a desconfianza que nos caracteriza aos españois, e en concreto aos galegos. Reflexa como se pode chegar a asesinar a unha persoa soamente por desconfianza.

Paréceme moi mal que se critique á xente soamente polo seu aspecto e non se lle proporcione unha mínima de confianza aos descoñecidos.

Tinta chinesa.

Esta historia plasma sobre papal os extremos aos que se pode chegar en momentos de tensión á hora de ser nominado a un gran premio literario. O asasinato é un extremo que semella difícil de acadar, pero polo que se narra nesta historia semella estar máis preto do que nós pensamos.

Paréceme indignante a competencia e envexa existente nestes circulos supostamente cultos.

Decoración e interiorismo.

Esta historia gustoume moito e pareceume moi graciosa.

O feito de que a muller farta do seu matrimonio se deixase persuadir por aquel aposto mozo facéndose pasar polo seu xefe, pareceume chistoso.

A muller cansa da monotonía do seu matrimonio decide buscar algo de emoción extra-matrimonial, e ao fin resulta enganada e retorna ao seu matrimonio.


O home do saco

Esta historia xunto coa de A proba do alfinete, son as miñas preferidas do libro.

Chocoume moito como un rapaz lle pode coller tanto medo a un personaxe da mitoloxía popular galega, ata o punto de intentar matalo, trabucándose e asasinando ao pai dun amigo.

Quedoulle un gran sentimento de culpabilidade.

A proba do alfinete.

Como xa díxen esta historia é unha das miñas favoritas do libro.

Gústame a actitude do protagonista, que ten un gran afán de superación, e chegou a ser un detective capaz de desenlear un caso da altura dunha axencia de detectives.

Móstranos como detrás de xente aparentemente normal, se pode agochar un traficante de cocaína.

Balangandán

Esta historia non me gustou tanto coma as outras.

Eu non creo nos feitos paranormais, e moito menos nas pitonisas, adiviñas, hipnotizadoras.

A crenza neste tipo de persoas ou feitos paréceme unha mostra de incultura, ademais dunha perda de tempo.

Viva a revolución.

Esta foi outra das historias que me gustou moito. Gustoume moito o afán revolucionario que tiña a xuventude da época, en busca dun cambio necesario. Manifestaban o seu espírito revolucionario, un espirito que quizais a xuventude de hoxe en día non posúe ou mellor dito posuimos.

Tamén me chamou a atención a crueldade coa que se trataba aos contrarios ao réxime franquista.

Vinte pesos de prata.

Esta é a historia que reflexa perfectamente a vinganza.

O irmán supostamente morto na Argentina volve para facerlle pagar ao seu irmán o seu merecido.

Gustoume moito, xa que o irmán da Ponte Vilariño recibiu o seu castigo pagando coa súa propia moeda.