ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

17/05/12

Servicio de urxencias

Comentario de Andrea Raíndo Míguez

Servicio de urxencias
Suso de Toro
Xerais


O libro é unha especie de minicomedias nas que a través de distintos personaxes se reflicten unhas anécdotas que nos fan rir de forma continua polo disparatadas que son.
Os pacientes que acoden ao servicio de urxencias parecen tolos que son atendidos por uns sanitarios aínda máis tolos, provocando o riso cos seus diálogos cheos de xogos de palabras con dobre sentido.

15/05/12

Servicio de urxencias

Comentario de Cristina García Cortizo

Servicio de urxencias
Suso de Toro
Xerais


O libro gustoume moito, é moi divertido e tamén me gusta a forma de estes doutores de vacilar os pacientes. Vese o sufrimento do enfermos dun xeito divertido que o afasta do que ocorre normalmente nos hospitais.
Gustoume sobre todo deste curso ler todos os xéneros literarios, algo novo para min.

13/05/12

Servicio de urxencias

Comentario de Lucía González Bouzas



Servicio de urxencias
Suso de Toro
Xerais



O libro gustoume porque nunca antes lera unha obra de teatro e pareceume moi gracioso e divertido poder maxinar eu os personaxes e as súas accións, en vez de velo como se fai normalmente co teatro.
O que máis me gustou do libro foi o seu humor, a forma de facer divertido algo tan común coma un servizo de urxencias e algún que outro médico. Do libro non hai nada específico que non me gustase aínda que algún capítulo si me gustou máis ca outro.
Tamén creo que o libro nos ensina que non podemos tomarnos tan en serio a vida, que o humor pode xurdir ata nun hospital.

12/05/12

Servicio de urxencias

Comentario de Martín Arosa

Servicio de urxencias
Suso de Toro
Xerais


Este libro gustoume moito porque é divertido e pareceume interesante ler unha obra de teatro, xa que as acotacións axudan a situarnos na historia. 
O meu personaxe preferido é Cipri, sempre meténdose en líos e arranxando cousas.
O peor é que ás veces o libro parecía sempre o mesmo en todos os capítulos.

11/05/12

O carteiro de Bagdad

Comentario de Martín Arosa


O carteiro de Bagdad
Marcos Calveiro
Edelvives


Conta a historia dunha familia humilde que vive nunha das cidades máis perigosas do mundo actual.
É un relato que deixa no corazón un pouso de tristura porque estas situacións son reais.
O mellor son as metáforas que fai o rapaz a causa da ignorancia.

07/05/12

Servicio de urxencias

Comentario de Tania López

Servicio de urxencias
Suso de Toro
Xerais




Nunca lera unha obra de teatro e esta gustoume moito. Gustaríame representala, xa que é unha obra con moito humor que lle gustaría a moitas persoas. É moi fácil de entender xa que as aclaracións que fai durante a obra cando falan os personaxes axudan moito a comprendela mellor.
Teñen nomes moi curiosos, as súas historias son magníficas, o que lles acontece a eles nas noites de urxencias é fantástico!
En definitiva, un libro espectacular, que me gustou moito, sobre todo fácil de ler e de comprender.

02/05/12

Servicio de urxencias

Comentario de Cristina Núñez Sanmartín



Servicio de urxenciasSuso de Toro
Xerais


Este libro gustoume moito porque é moi entretido e facíame rir.
Ás veces facíaseme algo aburrido, pero só momentaneamente.
O meu personaxe favorito é Paulino, xa que é o que máis graza me causa; o pobre sempre ten que comer esas comidas que lle fai a súa nai. Cipri agobiábame porque está seguido meténdose en líos e enganando aos seus compañeiros.

01/05/12

Servicio de urxencias

Comentario de Xacobe Peleteiro Antelo

Servicio de urxencias
Suso de Toro
Xerais

 
Este libro a min gustoume porque cada vez que o lía ría sobre todo con Cipri e Chus, o principio era parecido ao final porque ocorre exactamente o mesmo pero cambiando os mozos.
Unha das cousas que máis me gustou foi o capítulo no que se equivocan coas radiografías e o home está preñado e a muller ten mal o fígado de beber, outro que tamén me gustou foi o do anxo da garda.
Foi un dos libros que máis me gustou e o que máis me fixo rir.