ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

27/02/08

Noite de voraces sombras


Comentario de Karina González


Noite de voraces sombras
Agustín Fernández Paz
Xerais


É un libro moi interesante, de feito creo que é un dos meus libros preferidos, xa que combina a intriga co amor, chegando ata á Illa de San Simón grazas a cartas que a protagonista topa.

Informános ademais sobre feitos reais que ocorreron na Guerra Civil e as pésimas condicións de vida dos presos


Tristes armas


Comentario de Lorena Ares Troitiño


Tristes armas
Marina Mayoral
Xerais

Tristes armas gustoume moito. É un libro moi bonito onde se conta a historia de dúas rapazas que se teñen que separar de seus pais para marchar a Rusia a salvo da guerra civil española. A historia de dous rapaces namorados que non se atreven a declararse. A dunha muller que sofre a morte do seu home e ten que fuxir do país. Máis historias…
Tamén me gustou a forma que ten a autora de expresar os sentimentos dos personaxes e ademais podemos coñecer un pouquiño de historia sobre a guerra civil española, quen se enfrontou, cando e como…


Morning Star


Comentario de Daniel Colmeiro


Morning Star
Xosé Miranda
Xerais

Este libro é moi entretido de ler. Conta as historias dun home que entra nunha banda de ladróns explicando como rouban e como fuxen despois da policía. O libro está ambientado na Galiza dos anos 20 e esta ambientación é moi realista.
Fago unha recomendación a todas as persoas a lelo
.

21/02/08

Smara


Comentario de Beatriz Espiño


Smara
Paula Carballeira
Kalandraka

Gustoume este libro porque nos informa sobre os costumes, tradicións, modos de vida… doutras culturas e países. Tamén nos ensina a boa relación que pode existir entre un neno e unha persoa maior. Aínda que o que máis me entusiasmou e intrigou foron as historias da Avoa Ugaga. Recoméndollo a todos aqueles a quen lles gusten as historias fantásticas.


20/02/08

O señor Ibrahim e as flores do Corán

Comentarios de Cristina Ares Carballude


O señor Ibrahim e as flores do Corán
Éric-Emmanuel Schmitt

Faktoría K




A historia dun rapaz cunha vida complicada que vai vendo como esta pode ser moi dura aínda sendo un cativo.
Relato cheo de tristura, impotencia e felicidade.
Unha historia que che pode reflectir que hai que loitar, intentar buscar a feliciade dalgún xeito por moito que a vida che dea o contrario.

Un bo libro máis que recomendable.

15/02/08

Xente de mala morte


C
omentarios de Patricia Taboada Espiño

Xente de mala morte
Álvarez Cáccamo
Galaxia




A verdade, é un libro diferente. Conta historias distintas sobre diferentes tipos de personaxes. Son personaxes estrafalarios, atípicos que, penso eu, non son moi numerosos na nosa sociedade.
Hai historias que me gustaron moito, coma Q.E.P.D., que fala dunha muller que vai a unha seita onde lle preparan o sucidio á xente. Gústame o xeito cómico de burlar a esas persoas que van a lugares así ou ás seitas.
Outra boa historia: a de R.I.p., un home que lle escribe unha carta ao seu notario antes de se suicidar porque estaba aburrido da vida. Nesa carta cóntalle todos os pasos que ten que seguir e reparte a súa herdanza.
Pero hai outras que non me gustaron nada, sobre todo unha: Na corda frouxa. Paréceme unha historia estúpida e sen sentido; moi repetitiva e sen nada de interese.
En xeral, o libro non está mal. Pero non me encantou

A aurora boreal

Comentarios de Susana Cumbraos

A Aurora boreal
Phlip Pullman
Editorial K


Animeime a lelo porque a película saíu hai pouco nos cines, e todo os que ían vela me comentaban que estaba moi ben, que non podía deixar escapar unha peli así, chea de acción, intriga e ata de odio!
Cando o comecei, xa adoptei a personaxe predilecta: Lord Asriel. Paréceme duro, cruel... pero á vez tenro e cariñoso cos seus.
A protagonista da historia é moi valente e moi segura de si mesma, e o que máis me gusta é a imaxianción da que fai gala o autor para escribir a obra. Quero ler a triloxía, aínda que agarderei a que saia en galego.
Se vos gustan os enigmas, a fantasía, lédea, non vos arrepentiredes.

13/02/08

O neno do pixama a raias

Comentario de Cristina Ares Carballude


O neno do pixama a raias
Jhon Boyne
Faktoría K


Unha historia dun rapaz de nove anos, realmente marabillosa e interesante. Gustoume moito a pesar de que nunca maxinaría ese final.
Tamén me chamou a atención a amizade que se reflicte entre os nenos, por riba das barreiras inventadas dos adultos.
Recoméndovolo a todas e todos, un libro sinxelo, de rápida lectura, e que seguro gustará.

O inferno de Marta

Comentario de Icíar Rodríguez Nóvoa

O inferno de Marta
Pasquall Alapont
Xerais

A historia vai sobre unha rapaza que está rematando a carreira de Dereito, Marta.

A ruptura co seu último mozo deixouna marcada. A súa vida non ten sentido sen el. Ata que as súas amigas lle presentan a Héctor, outro estudante moi simpático e co cal desde o primeiro intre saltaron chispas. Co paso do tempo, Marta séntese preparada para ter unha relación con el, esquece ao seu antigo mozo e namórase perdidamente de Héctor.
Pero pouco a pouco Héctor vólvese un rapaz posesivo, con moitos cambios de humor, e violento. Marta quéreo tanto que está cega, non se dá conta da clase de persoa que é, e bótase a culpa a si mesma. As súas amigas decátanse do que ocorre e aconséllanlle que o deixe. Pero Marta enfádase con elas.
Cando Marta se dá conta de que Héctor é un criminal xa é demasiado tarde.

Esta historia parteume o corazón porque é como estar na pel de Marta. Parece incrible que existan persoas así no mundo, esas que "non o levan escrito na cara".
Un drama humano e real, por desgraza.

O señor Ibrahim e as flores do Corán

Comentario de Enma Vázquez Rivas

O señor Ibrahim e as flores do Corán
Éric-Emmanuel Schmitt

Faktoría K

Este libro ao principio parecíame triste pero ao final é unha historia alegre.

O que máis me gustou do libro é a ensinanza que me quedou de que por moi difícil que a vida sexa ao principio hai que loitar por unha vida mellor, e tamén me chamou a atención que non se amosan as diferenzas que hai polas razas.
É un libro moi recomendable porque se aprende moito con el para o futuro.

10/02/08

O asasinato de Roger Ackroyd

Comentarios de Carla Gómez Ferradás

O asasinato de Roger Ackroyd
Agatha Christie
Galaxia



É un libro moi interesante porque un non se espera para nada o final e garda moi ben os detalles nos que un non se fixa e que en realidade son os máis importantes.
Dende o comezo suponse que é o asasino pero durante a trama vai cambiando todo e o lector confúndese de tal xeito que ata o final case anda perdido.
Poirot segue a ser ese detective alucinante e intelixentísimo ao que nada se lle escapa.
Se vos gustan os libros policíacos, recomendóvolo.

O señor Ibrahim e as flores do Corán

Comentarios de Susana Cumbraos

O señor Ibrahim e as flores do Corán
Éric-Emmanuel Schmitt

Faktoría K



Este libro amosa a historia dun rapaz qeu con 11 anos ten qeu aprender a sobrevivir nunha realidade incómoda.
Gustoume moito porque é unha historia que fai ver as situacións difíciles da vida e como esta golpea a algunhas persoas.
Entre as súas páxinas sentín rabia e dor, pero tamén felicidade.
Nalgúns momento lembroume a historia de Seda, pero este libro gustoume máis.

06/02/08

O señor Ibrahim e as flores do Corán

Comentarios de Thalía Troitiño González


O señor Ibrahim e as flores do Corán
Éric-Emmanuel Schmitt
Faktoría K



Este libro móstranos a historia dun rapaz xudeu que vive co seu pai. Comeza a ter unha gran amizade con Ibrahim, que acabará sendo coma seu pai. Aprenderá moitas cousas valiosas para a vida e decátase de que esta non é doada.
Este relato que se presenta nun principio como unha historia triste finalmente transfórmase nunha historia entrañable e alegre. Consegue o máis importante: o poder disfrutar da vida.
A historia ensina que aínda que nun principio haxa dificultades, ao final o esforzo achéganos a aquilo que desexamos.
"O que ti das é teu para sempre; o que garda está perdido para sempre"

Recomendo este libro porque é precioso, ademais de curto e fácil de ler. Axuda a ter esperanza de conseguirmos un futuro mellor.