ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

30/03/14

Erros e Tánatos

Comentario de Francisco Miguel Casas Pico


Erros e Tánatos
Gonzalo Navaza
Xerais
 
 
Aquí presento a miña opinión sobre o libro Erros e Tánatos moi ben escrito polo noso veciño lalinense Gonzalo Navaza. Este libro dividido en relatos, os cales non son o tipo de lectura que máis me gusta, pero nesta ocasión a calidade dos relatos fan obviar este problema. Os relatos baséanse nas relación amorosas que non van ben encamiñadas e na inxenuidade dos protagonistas. Por exemplo, no relato Bull e Mignonne, o mellor para min, a inxenuidade do protagonista Emiliano Zingarelli fará que a historia non acabe como el pensaba. Para min o que máis chama a atención son os sorprendentes e inesperados finais dos relatos xa que dan unha volta total á historia. Tamén me gustaría destacar o humor que se pode ler no libro e a facilidade para comprender as historias a pesar da ironía que conteñen.

29/03/14

Rebeldes

Comentario de Julián Pereiro Rozas



Rebeldes
Susan E. Hinton
Alfaguara


Este libro parceume un caso de libro que fala  dos problemas da adolescencia e da rivalidade que se pode espertar xa non por un tema
senón por calquera cousa durante a época do (``pavo´´).
Pero en resumo pareceume un libro moi entretido e interesante para ler a esta idade porque te das conta do extremo ao que se pode chegar.

Polaroid



Comentario de Alejandro Camanzo


Polaroid
Suso de Toro
Xerais





“Polaroid” é un libro de relatos escrito por Suso de Toro, algúns deles son tan interesantes como confusos, por exemplo, o relato de “e xersee esesene”, escrito unicamente cunha soa vogal, tórnase un tanto dificil de descifrar nalgunhas palabras que nel se presentan. Tamén me chamou a atención o microrrelato de “Manolo”, un pequeno diálogo no que unha persoa lle pregunta reiteradamente o seu nome a Manolo.

Deime conta da curiosa temática social da maioría dos relatos do libro, como por exemplo, na apoteose do churrasco, no manifesto kamikaze, ou tamén, na mesma “saga”, por chamalo dalgún xeito, “Galicia, esa merda” que me chamaron persoalmente bastante a atención.

Un millón de vacas

Comentario de Noelia Soto


Un millón de vacas
Manuel Rivas
Xerais 




Obra narrativa moi entretida, cunha linguaxe coloquial que a fai boa de ler. Nela, o protagonista, que volve de Barcelona fálanos da súa familia, cun cariño especial do seu curmán Dombodán, que é mudo.
Logo conta diversas historias cotiás que falan dos perigos do mar, familiares que teñen aquí, a importancia que en Galicia teñen os muíños, as vacas, ou dar sepultura a unha persoa.
Utiliza diversos personaxes e recorre moito ao diálogo.
 

28/03/14

Febre

Comentario de Laura Presas



Febre
Héctor Carré
Xerais





A verdade, este libro non tiven tempo de aprecialo moi ben xa que o lin bastante rápido, iso é algo positivo, xa que se comprende e se entende perfectamente. Gustoume moito, trata dunha rapaza, Carmucha, que non ten medo a nada, coñece as inxustizas que están a ocorrer na mina de Volframio, a corruptividade que está a facer cabo Marelo. Iso faille abrir os ollos e deixa o seu mundo para comezar a axudar as persoas humildes. Carmucha faise amiga de Félix o fillo dos seus caseiros, que era quen a protexía de calquera cousa, notábase que Félix sentía algo hacia ela e xustamente cando llo conta a Carmucha, esta, queda sorprendida, xa que ela o ve coma un irmán. Quedei abraiada co final, cando Carmucha se planta diante dun policía e lle di que foi ela quen asasinou ao Marelo, non quería que outros pagasen polo que ela fixera, a verdade soprendeume a gran responsabilidade ou mellor dito madurez que tivo nese momento, desvelar iso é moi difícil. Pareceume un bo libro, volverei a lelo unha segunda vez con máis calma e así podrei volver a meterme no corpo de Carmucha unha vez máis.

No labirinto do vento

Comentario de Sonia Framiñán



No labirinto do vento
Marina Colasanti
Xerais



Este libro repleto de fermosas historias fantásticas que transportan ao lector a un mundo de fantasía onde esquecer a realidade e deixarse levar tras uns seres mitolóxicos deixando en liberdade a imaxinación. "Contos de fadas, reis, princesas e unicornios nos que se crea un fermoso diálogo entre a imaxinación e os sentimentos do ser humano: medo, desexo, amor..."

Os contos fantásticos de sempre levados a unha marabillosa linguaxe poética. 
Este pareceume un libro moi fermoso, xa había ben tempo que non lía libros de fantasía, fadas, reis... ! Recoméndollo a todo aquel que queira pasar un bo cacho no mundo da imaxinación.

O club da calceta

Comentario de Sonia Framiñán

O club da calceta
María Reimóndez
Xerais


  Comezo dicindo que este libro o empecei a ler tan só por recomendación dunha boa amiga e que non pensei que me fose sorprender tanto nin gustarme como me gustou.
  Ben, ao comezar a ler o libro non tiña nin idea do que ía tratar, xa que ao principio non ten nada que ver co que realmente agocha máis adiante. Pensei nunha historia coma tantas outras, pero ao ir lendo foime convencendo cada vez máis de que ía ser un libro realmente interesante.
  Para empezar, a análise que vai facendo de cada personaxe, cada un á súa maneira, coa súa vida e os seus problemas e a forma en que se conectan unhas vidas con outras a través duns simples cursos de calceta paréceme do máis sorprendente. Por outro bando está a situación de cada muller en particular, todas levadas polo mesmo fío, o machismo. As cinco teñen influencia dunha figura masculina coa que, dalgún modo, buscan rebelarse.
  A historia da tía Davinia, presente dende o principio, resultoume algo curiosa. Tamén, sobre todo, sorprendéronme as historias de Luz e Rebeca.
  Gustoume ver como cada unha delas, e ao mesmo tempo, en grupo conseguiron grandes obxectivos despois de moito loitar por eles e estar cansas xa. A complicidade entre elas pareceume marabillosa.
  Para rematar recomendo este libro a todo o mundo porque, na miña opinión, vale moito a pena lelo.

27/03/14

O hobbit

Comentario de Mario Salgueiro


O Hobbit
J.R. Tolkien
Xerais

O libro encantoume, xa que é un libro fantástico e está ubicado no mundo da Idade Media con elfos, ananos, trasgos...
O mundo está descrito tan detalladamente que permite adentrarse na historia moi facilmente. Quedei un pouco decepcionado xa que os hobbits pasaron todo o camiño falando do difícil que ía ser derrotar a smaug, o tan temido dragón, do grande que é, etc.. Pero resulta que o matan moi rápido, eu crin que ía ser unha loita máis longa e difícil.
En resumo, gustoume moito e quedei con ganas de ver a película.
Así que recoméndoo a todo aquel que lle guste a fantasía e a acción.

As lágrimas de Shiva


Comentario de Manuel Fernández


As lágrimas de Shiva
César Mallorquí
Rodeira



As lágrimas de Shiva paréceme un libro moi bo, porque aínda que ao principio parece un libro aburrido, ao chegar á metade da historia non podes parar de lelo e no único que pensas é en acabalo para rebelar esa intriga que mantén ata o final. É un libro moi interesante para aqueles que lles guste o misterio e a intriga, é recomendable para os adolescentes de menor idade, xa que a súa lectura é bastante fácil de comprender.

O heroe


Comentario de David Varela Salgado


O heroe        
 
Manuel Rivas
Xerais




Négame o pan, o ar, 
a luz, a primavera, 
mais a túa risa nunca
porque eu morrería"

Sen dúbida, a miña parte favorita do libro, esos 4 versos citados como exemplo para aprender a mecanografar. 

O libro en conxunto gustoume, gustaríame ver esta obra representada, a Caronte co seu gran nariz, sen dúbida faría falta un gran actor para levar a cabo ese papel. Unha persoa moi leal, que pase o que pase, nunca traizoaría aos seus compañeiros, incluso cando o están torturando. Tamén, unha persoa intelixente, aínda que ás veces non o demostre, que sabe resolver os problemas, todo un veterano dunha guerra que "non existiu". Para min o personaxe que máis me gustou, até o último instante, nunca me deixou de atraer, incluso cando ía facer de heroe e queimarse.

Por outra banda, unha persoaxe da que non entendo o seu papel e Medias Vermellas, non acabo de atopar significado as súas palabras, quizais porque son unha persoa moi nova e non vivin a época franquista.

Libro máis que recomendado, aínda que, como dixen, representado por uns bos actores ten que ser unha obra maxistral.